Daniel K. Povenmire, nado en Mobile, Alabama, o 18 de setembro de 1963[1], é un director, dobrador e actor estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos
Nado e criado en Mobile, Alabama, Povenmire tivo talento para debuxar dende pequeno, tanto que pasaba os veráns facendo películas. En 2009 afirmou que un dos seus referentes na animación era Chuck Jones.
Asistiu á Universidade do Sur de Alabama, antes de decidir continuar os seus estudos cinematográficos na Escola de Artes Cinematográficas da Universidade do Sur de California.
Carreira audiovisual
É coñecido por ser co-creador, xunto con Jeff "Swampy" Marsh, da popular serie producida por Disney Phineas and Ferb, Milo Murphy's Law e Hamster and Gretel.
Na década de 1990 tamén traballou en The Simpsons (no deseño de personaxes e storyboard) e Teenage Mutant Ninja Turtles.
Na década dos 2000 foi director de storyboard da primeira tempada de Family Guy e de SpongeBob SquarePants.
Notas
- ↑ California births, su familytreelegends.com, Family Tree Legends. URL consultato il 2009-12.
Véxase tamén
Ligazóns externas