Chuck Jones (1976) |
|
Nacemento | (en) Charles Martin Jones 21 de setembro de 1912 Spokane, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 22 de febreiro de 2002 (89 anos) Corona del Mar, Estados Unidos de América (en) |
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
---|
Outros nomes | Jones, Charles Martin |
---|
Educación | Chouinard Art Institute (en) Escola Preparatoria de North Hollywood |
---|
|
Ocupación | director de cinema, artista de banda deseñada, actor, director de animación, produtor de cinema, guionista, animador, realizador |
---|
Período de actividade | 1931 - |
---|
Empregador | TMS Entertainment (1970–2002) Metro-Goldwyn-Mayer (década de 1960–1970) Warner Bros. Cartoons (pt) (1933–1963) |
---|
|
Obras destacables |
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | chuckjones.com |
---|
|
Charles Martin "Chuck" Jones, nado en Spokane (Washington o 21 de setembro de 1912 e finado en Corona del Mar (California) o 22 de febreiro de 2002 foi un animador, debuxante, produtor e director de filmes animados estadounidense, especialmente coñecido polas curtametraxes das series Looney Tunes e Merrie Melodies.
Traxectoria
Nado no estado de Washington, mudouse cos seus pais e irmáns á área dos Ánxeles. Na súa autobiografía explica que as súas aspiracións artísticas chegaron grazas ao seu pai, home de negocios sen éxito na década de 1920. O seu pai buscaba o éxito con lapis co nome de novas compañías. Cando a compañía fracasaba chegaba á casa cos lapis e os nenos debuxaban continuamente. Despois estudou arte.
Jones uniuse ao estudio independente Leon Schlesinger Productions, que produciu Looney Tunes e Merrie Melodies para Warner Bros. en 1933 como animador axudante.
Durante as décadas de 1940 e 1950 creou as súas tres personaxes máis populares, Marvin the Martian, Pepe LePew e O Coiote e o Correcamiños. De 1957 é o seu filme Que é a ópera, meu?[1]. Permaneceu na Warner ata 1962, cando a compañía descubriu que Jones e a súa dona escribirán o guión dun filme animado, Gay Purr-ee, para UPA, violando o seu acordo de exclusividade.
Co seu compañeiro Les Goldman creou un estudio de animación independente, Sib Tower 12 Productions. En 1963, Metro-Goldwyn-Mayer asinou un contrato coa compañía para ter a Jones e o seu equipo para producir Tom e Jerry.
Nas décadas de 1980 e 1990 dedicouse a pintar debuxos e arte paródico, vendido en galerías pola compañía da súa filla, Linda Jones Enterprises.[2] Foi ademais conselleiro cretaivo e deseñador de personaxes no especial de Nadal de Alvin and the Chipmunks e fixo unha aparición especial no filme Gremlins.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas