Dagoberto Miguel Peña Rincón, nado o 14 de xuño de 1988 en Santo Domingo, é un xogador profesional de baloncesto dominicano. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de ala.
Traxectoria
O 16 de febreiro de 2016, Peña fichou polo Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[1] O 6 de xullo de 2016, Peña e o equipo coruñés chegaron a un acordo para renovar o seu contrato unha tempada máis.[2] O 31 de xaneiro de 2017, Peña desvinculouse do Básquet Coruña para xogar no filial do FC Barcelona, equipo pertencente tamén á LEB Ouro.[3]
Tras ser elixido no mellor quinteto da LEB Ouro na tempada 2016-17, Peña asinou un contrato por dúas tempadas co CB Estudiantes da Liga ACB.[4] O 20 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo CB Breogán da Liga LEB Ouro.[5]
O 21 de agosto de 2020, anunciouse a volta de Peña ó Básquet Coruña por unha tempada.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas