Filla de nai inglesa e pai galego,[2] Sánchez-Andrade é licenciada en Dereito e en Ciencias da Información. É colaboradora habitualmente en prensa, por exemplo no diario El País,[3] e fai crítica literaria e tradución. Vive en Madrid onde dá clases na universidade (Profesora Asociada de Literatura na Universidade Complutense -Facultade de Ciencias da Información-) e escribe.[4]
Parte da súa obra está inspirada na tradición oral.[5]
En 2014 foi autora convidada na Hawthornden International Retreat for Writers en Escocia, en 2017 en Villa Sarkia (Finlandia), en 2018 en OMI (Translation Lab. Ledig House. Nova York). en 2019 en Air-Artist in Residence (Krems an der Donau. Austria).