Na tempada 2013-2014 disputouse a 81ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.
Na final, xogada no Estadio Nueva Balastera de Palencia o 27 de abril de 2014, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu terceiro título copeiro derrotando por 40 a 18 ó Bathco Independiente de Santander, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.
O formato do torneo contou con 3 fases eliminatorias:
- Cuartos de final: Un único encontro xogado no campo do equipo mellor situado na liga. Os enfrontamentos foron 1º vs 8º, 2º vs 7º, 3º vs 6º, 4º vs 5º.
- Semifinais: Por sorteo puro, disputáronse a ida e volta.
- Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.
Participantes
Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[1]
Torneo
- Cuartos de final: Encontro único (11/12 de xaneiro de 2014)
- Independiente 22-13 Gernika
- El Salvador 21-26 Cisneros
- At.Madrid 13-18 Ordizia
- VRAC 37-26 Getxo
- Semifinais: Encontros de ida e volta (19 de xaneiro e 2 de marzo de 2014)
- Cisneros 13-19 Independiente
- Ordizia 17-16 VRAC
- Independiente 18-18 Cisneros
- VRAC 26-21 Ordizia
- Final: Encontro único (27 de abril de 2014)
- VRAC 40-18 Independiente[2]
- Cadro da competición
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos