Teatro El Círculo , sede do III Congreso en Rosario , na Arxentina .
O Congreso Internacional da Lingua Española é un foro de reflexión sobre a lingua castelá no que se discute sobre a situación, problemas e retos da lingua. Realízase cada tres anos nalgunha cidade de España ou Hispanoamérica , e a súa organización está a cargo do Instituto Cervantes , que cumpre as funcións de secretaría xeral permanente dos Congresos, a Real Academia Española e a Asociación de Academias de la Lengua Española , así como o país organizador de cada edición.
O seu obxectivo é avivar a conciencia de corresponsabilidade de gobernos , institucións e persoas na promoción e na unidade da lingua, entendida como instrumento vertebrador da comunidade iberoamericana , no diálogo con outras linguas que son vivo patrimonio común dela. Os participantes son escritores , académicos, intelectuais, profesionais e expertos relacionados coa lingüística , as comunicacións e a lingua castelá .
Congresos realizados
Controversias
Cartel do "Congreso de laS LenguaS".
No primeiro Congreso, o relatorio de Gabriel García Márquez , titulado Botella al mar para el dios de las palabras , abogou pola "xubilación da ortografía ".[ 5]
De xeito simultáneo á realización do terceiro Congreso en Rosario , o arxentino Adolfo Pérez Esquivel , Premio Nobel da Paz , inaugurou o 1º "Congreso de laS lenguaS" (sic ) para reivindicar a recuperación da memoria e a identidade das linguas dos pobos indíxenas de América . Por outra banda, cancelouse a participación da lingüista Nélida Donni de Mirande, acusada pola Universidade de Rosario de colaborar coa última ditadura militar na Arxentina (1976 -1983 ).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas