O Condado de Lerín é un título nobiliario español, de orixe navarra, concedido polo rei Carlos III de Navarra o 25 de agosto de 1459 á súa filla natural Xoana de Navarra cando esta casou en segundas nupcias co seu primo Lois de Beaumont, neto de Lois de Évreux, duque de Durazzo e bisneto dos reis Xoana II de Navarra e Filipe III.
Os condes de Lerín encabezaron a facción dos beaumonteses durante a guerra civil de Navarra, en defensa dos intereses de Carlos de Viana, príncipe de Viana en contra do seu pai o rei Xoán II o Usurpador.
Trátase dun dos títulos nobiliarios máis importantes de España, ao que concedeu en 1520 o emperador Carlos V a Grandeza de España de primeira clase.
O seu actual titular é Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, duque de Alba.
Primeiros condes
A a partir deste último, o Condado pasou á Casa de Alba.
Véxase tamén
Outros artigos