Beaumonteses

Carlos III o Nobre.

Os beaumonteses foron os partidarios do antigo bando nobiliario dos Beaumont.

Esta liñaxe foi creada polo rei de Navarra Carlos III o Nobre con familiares ilexítimos.

Tiñan relación coa máis antiga liñaxe dos Luxa, da Baixa Navarra. Os distintos condes de Lerín foron os líderes desta facción.

Guerra civil de Navarra

Foron rivais dos agramonteses, cos que libraron a guerra civil de Navarra cando Xoán II de Aragón o Usurpador quedou co trono do reino de Navarra á morte da súa eposa a raíña Branca I de Navarra en 1441. Xoán II, que era por tanto rei jure uxoris (por matrimonio), debía cederlle a coroa ao seu fillo Carlos príncipe de Viana. Os beamonteses apoiaron ao príncipe de Viana para recuperar a lexitimidade nesta guerra. Porén, anos despois, os beamonteses apoiaron a Fernando o Católico na conquista de Navarra contra os agramonteses.

A guerra persistiu até a morte de Carlos, príncipe de Viana, en 1461 e a de Xoán II, en 1479.

Os beamonteses tiveron como aliados á Coroa de Castela e aos oñacinos, que eran unha facción nobiliaria de Guipúscoa, Álava e Biscaia que protagonizou as chamadas guerras de bandos contra outra facción rival, os gamboínos. Estes últimos eran á súa vez aliados dos agramonteses. No marco da alianza cos beamonteses, a Coroa de Aragón levaría a cabo a conquista do Reino de Navarra en 1512. Grazas a esta colaboración la conquista realizouse en relativamente pouco tempo.

En 1495 o pai de Xoán III de Albret, Alano de Albret, estableceu con Fernando un novo acordo para solucionar as intrigas políticas e, debido a iso, o conde de Lerín viuse obrigado a abandonar o reino, cedendo todos os seus bens a Fernando II; a cambio recibiu bens en Huéscar, Vélez Blanco, Vélez Rubio, Cújar, Castilleja, Cuevas de Freila e outros.[1]

En 1507 foi expulsado de Navarra o conde de Lerín, co apoio practicamente unánime de todos os navarros, conseguíndose tamén a saída das tropas estranxeiras.[1]

Os beamonteses foron os únicos en acudir ás Cortes de Navarra, en Pamplona en 1513, por convocatoria del vicerrei. Alí aceptouse a Fernando como rei. Na reunión das Cortes de Castela en Burgos en 1515, onde se decidiu a anexión do reino de Navarra, non acudiu ningún navarro, e tampouco os beaumonteses.[2] (Lóxico, na medida en que Navarra conservou as súas propias Cortes até 1841 e por iso carecía de voz e voto nas castelás).

Seguramente esta ocupación non foi buscada polos beamonteses.[Cómpre referencia] pero si polos seus líderes. Isto se vería na sublevación contra as tropas casteláns en pobos e cidades beaumontesas, como ocorreu en Pamplona en 1521, cando tropas navarras en alianza coas francesas liberaron a totalidade do reino de Navarra. Máis tarde, na batalla de Noáin, xunto a Pamplona, os casteláns volveron a facerse co control do reino. Aínda houbo puntos de resistencia (Castelo de Maya, Hondarribia) até 1524.

Tamén se ocupou a Baixa Navarra, aínda que sen asentarse na rexión, até que en 1530 Carlos I renunciou oficialmente á mesma.

Beaumonteses célebres

  • Os condes de Lerín.
  • Bernat Dechepare, autor do primeiro libro impreso en lingua éuscara da historia, e encarcerado por apoiar a Fernando o Católico.[3]

Notass

  1. 1,0 1,1 Esarte, Pedro (2001). Navarra, 1512-1530. Pamplona: Pamiela. ISBN 84-7681-340-6. .
  2. Urzainqui Mina, Tomás (1998). La Navarra marítima. Pamplona: Pamiela. ISBN 84-7681-293-0. .
  3. Etxepare, Bernard (1980): Linguae vasconum primitiae Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Bilbao: Real Academia de la Lengua Vasca - Euskaltzaindia y Ediciones Mensajero. ISBN 84-2711-200-9.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas