O Condado de Escania, ou Skåne län, é o máis meridional dos condados ou län que se atopan en Suecia. O condado fai fronteira cos condados de Halland, Kronoberg e Blekinge.
O Condado de Escania posúe o 3 % do total da superficie sueca, e ten unha poboación de arredor de 1 200 000 habitantes (o 13 % da poboación sueca). O condado atópase dividido en 33 concellos ou kommuner, os máis importantes son Malmö (270.000 habitantes), Helsingborg (122.000), Lund (103.000 habitantes) e Kristianstad (75.000 habitantes).