Kävlinge é un concello sueco (kommun) do condado de Escania.[1] A súa capital é Kävlinge, que tamén é a área urbana máis grande do municipio. En xuño do ano 2022 o concello tiña unha poboación de 32 453 habitantes.[2]
O concello limita ao norte cos municipios de Landskrona e Svalöv, ao leste co de Eslöv, ao sueste co de Lund e ao sur co municipio de Lomma.