O condado está formado polo landskap de Västerbotten, o norte do de Ångermanland e o sur do de Lappland, así como por unha pequena parte despoboada do norte de Jämtland. O condado de Västerbotten é o segundo máis grande de Suecia e ocupa unha oitava parte da superficie do país.