A cidade foi fundada o 5 de outubro de 1550 polo conquistador español Pedro de Valdivia, baixo o nome de La Concepción de María Purísima del Nuevo Extremo. Formou parte do primeiro intento independentista de Chile, en 1810, ao mando do avogado Juan Martínez de Rozas[1] e foi a cidade capital do Reino de Chile entre os anos 1565 e 1573, quedando mantida como o centro militar e político do reino para o resto do período colonial do país[2]. Desde entón, é o centro da aglomeración rexional máis populoso do país desde os inicios do século XX, e ten como símbolo cultural a Praza da Independencia, que é o lugar onde foi feita a declaración solemne sobre a liberación chilena do realismo español.
Concepción está nunha zona de clima mediterráneo con influencias oceánicas, caracterizado por invernos suaves e veráns templados. A temperatura media anual é de 12,7 °C[5]. Nos meses entre maio e agosto son os máis fríos no inverno, con 10,8 °C/8,8 °C. Os veráns son moi calorosos, xaneiro posúe a media máis alta, con 16,3 °C e todos os anos supéranse os 22 °C en varias ocasións.
As precipitacións teñen unha media anual de 1130,6 mm ao ano, concentradas nos meses de maio a agosto, xuño é o mes máis chuvioso, con 241,3 mm. Hai 102 días de choiva ao ano, 2.616 horas de sol ao ano, ninguna xeada e ningún nevado na zona.
Parámetros climáticos medios de Concepción (Carriel Sur, Chile)*