Hualpén

Modelo:Xeografía políticaHualpén
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°47′S 73°05′O / -36.78, -73.08
EstadoChile
RexiónRexión de Biobío
ProvinciaConcepción Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación91.773 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.715,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie53,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación13 de marzo de 2004 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4601645 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico41 Editar o valor en Wikidata

Sitio webhualpenciudad.cl Editar o valor en Wikidata

Hualpén é un municipio e unha comuna chilena pertencente á provincia de Concepción, na rexión de Biobío. Sitúase a uns 9 quilómetros da cidade capital rexional. A comuna foi creada no ano 2004, a partir da comuna de Talcahuano. Hoxe está integrada dentro da área metropolitana de Gran Concepción.[1] Hualpén ten unha superficie de 53,50 km² e unha poboación de 92 975 habitantes, segundo o censo de 2012 do país.[2] O xentilicio da comuna é hualpenino/a.

A comuna tamén alberga a refinaría de petróleo ENAP, e é sede da Universidade Técnica Federico Santa María. Limita polo norte coa comuna de Talcahuano, polo leste coa capital rexional Concepción, polo sur coa comuna de San Pedro de la Paz (cruzando o río Biobío), e polo oeste co océano Pacífico.

Etimoloxía

O seu nome significa «mirar arredor»; palabra de orixe mapuche composta polas voces «wall», arredor e «pen», ver, atopar; asociado á vista que se ten dende os dous outeiros coñecidos como «Tetas do Biobío», por mor do val. Tamén se sinala co nome dun antigo lonco que viviu no século XVI.[3] Co tempo, a esa zona chamóuselle «Hualpencillo», que quere dicir «Pequeno vixía» ou «Pequeno sentinela».[4]

Moitos anos despois, no intre da fundación da comuna, optouse por eliminar o diminutivo «-illo», quedando estabelecido o nome oficial da comuna como «Hualpén».

Historia

No ano 1544, o capitán italiano Juan Bautista Pastene, remontou o río Biobío co seu barco divisando o actual territorio comunal, daquela habitado por mapuches.

O 30 de novembro de 1554, os mapuches intentaron atacar a cidade de Concepción valéndose dos outeiros comunais como refuxio. Porén, malia que participaron grandes caciques da época como Caupolicán, Paicaví ou Tucapel, foron derrotados polos españois, que foron dirixidos por Pedro de Valdivia e Jerónimo de Alderete.

Dous séculos máis tarde, estas terras pasarían a mans da orde dos xesuítas, pero coa expulsión da Orde en 1767 por mandato do Rei Carlos III de España, as terras foron requisadas e pasaron a mans de don Antonio Narciso de Santa María y Escobar.[5]

A comezos do século XIX, Hualpén era un territorio de carácter rural, especializada en fundos leiteiros e chacarreiros. Durante a guerra de independencia serviu de agocho a patriotas. O patriota Miguel de Zañartu y Santa María, autor definitivo do Acta de Independencia, tivo relación co Hualpén da época, ó igual que Pedro José del Río de la Cruz, comisario de guerra da Segunda división do exército patriota. Xa entrada a república, personaxes recoñecidos de Hualpén foron José María de la Cruz y Prieto, e a súa filla, Delfina de la Cruz y Zañartu, esposa do presidente Anibal Pinto Garmendia.[6]

Administrativamente, Hualpén estaba na 4ª Subdelegación Vegas de Talcahuano do Departamento de Talcahuano.[7][8]

Por eses anos, Parmenia del Río y Zañartu resultou herdeira do fundo Hualpencillo, posteriormente adquirido por Samuel Price Oxley, lugar onde actualmente se atopan Cerro Verde, Lenga e o Club Hípico.

Un século máis tarde, as terras herdaríaas o seu tataraneto, Pedro del Río Zañartu, a través da súa nai, Doña Francisca Zañartu y Trujillo. Zañartu, no seu Fundo Hualpén, habilitou a súa casa habitacional de 1870 como un museo coas coleccións de obxectos que recolleu nas súas viaxes polo mundo, abrindo as súas portas ó público o ano 1935.[9]

Entregou as súas terras e a súa casa a súa morte a mans do Concello de Concepción, a cal, máis tarde, as entregaría á Municipalidade de Talcahuano.[9]

Parque museo, Pedro del Río Zañartu.

A finais da década de 40, empezou un auxe industrial nos arredores do actual territorio comunal, coa instalación de grandes industrias como a siderúrxica Huachipato, o que atrouxo novos habitantes buscando oportunidades de traballo. Estes primeiros núcleos habitados se sumaron ós de La Cantera de Lenga e a Planta Ballenera de Chome.

Nas actuais poboacións de Lan A, Lan B e Lan C existiu un vello aeródromo que funcionou entre 1941 e 1967.[10]

Tralo terremoto de 1960 eríxense na zona poboacións destinadas a abeirar os damnificados, como a Población Emergencia (actual 18 de setembro), ó que se suma o labor da Corporación da Vivenda (Corvi), organismo estatal que desenvolve un plan de vivendas sociais que deu orixe a varios sectores de poboación, como Armando Alarcón del Canto.

En 1973, o Presidente Salvador Allende inaugura oficialmente a Sede Talcahuano da Universidade Técnica Federico Santa María "Rey Balduino de Bélxica".[11]

Décadas máis tarde, produto do crecemento durante as décadas de 1980 e 1990, iniciouse a campaña por parte dos veciños de sectores de Talcahuano como "Hualpencillo", "Villa Acero", "Villa Empart", "Caleta Lenga", "Parque Central", "Parque Residencial Biobío", "Lan C", entre outros, para converterse en comuna.

Xurdiu un primeiro proxecto para formar a Comuna de Hualpencillo, que logo de moitas discusións, se arquivou no ano 2000. Posteriormente, no ano 2003, iniciouse un novo proxecto, modificando o nome comunal por Comuna de Hualpén, o que logo de varios debates e modificacións, foi aprobado e publicado o 15 de marzo de 2004, no goberno do presidente Ricardo Lagos Escobar.

Neste período, foi delegado como alcalde Leocán Portus Govinden, até as eleccións do mesmo ano. O primeiro alcalde electo foi Marcelo Rivera Arancibia.

O 24 de maio de 2006, o Xeneral Director de Carabineros de Chile, José Bernales, informou oficialmente que as comunas de Talcahuano e Hualpén se separaban administrativamente no plano policial.

Notas

  1. scielo.cl (en castelán) Consultado o 3 de febreiro de 2014
  2. Instituto Nacional de Estadísticas - INE. «Resultados Censo 2012» (en castelán) Consultado o 3 de febreiro de 2014
  3. Fundación Ngehuin. "Diccionario Historias Locales" (en español). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2015. http://www.ngehuin.cl/index.php?option=com_glossary&letter=H&id=21557&Itemid=133 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  5. http://www.hualpenciudad.cl/historia.html
  6. http://www.hualpenciudad.cl/index.php?option=com_content&view=article&id=19&Itemid=27
  7. Anuario Estadístico de la República de Chile correspondiente a los años 1870 y 1871, 1871, Imprenta Nacional, Santiago, Chile.
  8. Memoria presentada al Supremo Gobierno por la Comisión Central del Censo, 1908, Santiago, Chile.
  9. 9,0 9,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Liga 1 U-20 2019Negara IndonesiaTanggal penyelenggaraan20 Juli – 13 Oktober 2019Jumlah peserta18JuaraPersebaya U-20Tempat keduaBarito Putera U-20Tempat ketigaPSIS Semarang U-20Jumlah pertandingan114Jumlah gol296 (2.6 per pertandingan)Pemain terbaikYuswanto Aditya(Barito Putera U-20)Pencetak gol terbanyak(20 gol)Kahar Musakkar(Barito Putera U-20)Seluruh statistik akurat per 1 Oktober 2019. Liga 1 U-20 2019 adalah musim pertama Liga 1 Elite Pro Academy U-20. Liga ini adalah liga sepak bo...

 

Questa voce o sezione sull'argomento baseball non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Mazze da baseball utilizzate da Babe Ruth, Roger Maris, Mark McGwire e Sammy Sosa La mazza da baseball è un bastone di legno massiccio o di metallo cavo utilizzato nel gioco del baseball per colpire la palla. Il giocatore che la impugna, con ambo le mani, è ch...

 

French-Canadian professional wrestler (born 1984) For the American basketball player, see Kevin Owens (basketball). For the British news anchor, see Kevin Owen. Kevin OwensOwens in 2023Birth nameKevin Yanick SteenBorn (1984-05-07) May 7, 1984 (age 39)Marieville, Quebec, CanadaSpouse(s) Karina Lamer ​ ​(m. 2007)​Children2Professional wrestling careerRing name(s)Kevin Owens[1]Kevin Steen[1]Billed height6 ft 0 in (183 cm)[...

Ethnic group Part of a series onEthnic groups in Chicago African Americans Appalachian Belarusians Bosnians Chinese Czechs Germans Greeks Iraqi Irish Indians Italians Japanese Jews Koreans Latvians Lithuanians Luxembourgers Mexicans Native peoples Poles Puerto Ricans Roma Swedes Ukrainians Welsh vte As of the 2000 U.S. Census there were 45,000 South Korean-origin people in the Chicago metropolitan area. As of 2006 the largest groups of Koreans are in Albany Park, North Park, West Ridge, and o...

 

King of Kings of the Achaemenid Empire from 423 to 405/4 BC This article is about the ancient king of the Achaemenid Empire. For other uses, see Darius II (disambiguation). Darius II𐎭𐎠𐎼𐎹𐎺𐎢𐏁 King of Kings Great King King of Persia Pharaoh of Egypt King of Countries Darius II as depicted on his tomb in Naqsh-e RostamKing of Kings of the Achaemenid EmpireReign423–404 BCPredecessorSogdianusSuccessorArtaxerxes IIPharaoh of EgyptReign423–404 BCPredecessorSogdianusSuccessorA...

 

RotorSport UK MT-03 Role AutogyroType of aircraft National origin United Kingdom Manufacturer RotorSport UK Developed from AutoGyro MT-03 Variants BAE Ampersand Developed into RotorSport UK Calidus The RotorSport UK MT-03 is a two-seat autogyro manufactured to British Civil Airworthiness Requirements CAP643 Section T.[1][2] New build-aircraft based on the AutoGyro MT-03 design are imported from Germany and completed to British regulations by RotorSport UK Limited in the Unite...

Maiden Lane showing Corpus Christi Roman Catholic Church. Maiden Lane is a street in Covent Garden, London, that runs from Bedford Street in the west to Southampton Street in the east. The painter J. M. W. Turner was born in the street in 1775. History The immediate vicinity of Maiden Lane. The street is based on an ancient track that ran through the Convent Garden to St. Martin's Lane. According to Isaac D'Israeli, the street was named after a statue of the Virgin Mary that once stood in th...

 

This article is about the district. For its eponymous headquarters, see Gumla. District in Jharkhand, IndiaGumla districtDistrictBottom: Fields in Gumla districtCountry IndiaState JharkhandAdministrative DivisionSouth Chotanagpur divisionHeadquartersGumlaGovernment • District CommissionerKarn Satyarthi, IASArea • Total5,327 km2 (2,057 sq mi)Population (2011) • Total1,025,213 • Density193/km2 (500/sq mi)Languages...

 

Deptford ParkLondon Planes at Deptford Park photo: Stephen CravenTypepublic parkLocationLondon, EnglandCoordinates51°29′11″N 0°02′21″W / 51.4865146°N 0.0392245°W / 51.4865146; -0.0392245Area7.07 hectares (17 acres)StatusOpen year roundWebsitelewisham.gov.uk Deptford Park is a large urban park close to the River Thames photo: Stephen Craven, geograph.org.uk Deptford Park is a public park in Deptford south-east London. It is owned by London Borough of Lewisha...

The military ranks of Manchukuo were the military insignia used by the Manchukuo Imperial Army, the Manchukuo Imperial Navy, and the Manchukuo Imperial Air Force during its existence, from its founding in 1932 until the Soviet invasion in 1945. Corps colours Colour Branch Black Military police Red Infantry Green Cavalry Yellow Artillery Brown Engineers Blue Transport corps Source: [1] Commissioned officer ranks The rank insignia of commissioned officers. Rank group General / flag off...

 

  هذه المقالة عن محافظة الرس. لمدينة الرس، طالع الرس. محافظة الرس الرس محافظة علم محافظة الرسعلمOfficial seal of محافظة الرسشعار الاسم الرسمي محافظة الرس  صورة لخريطة محافظة الرس نسبةً لمنطقة القصيمموقع محافظة الرس نسبةً لمنطقة القصيم صورة لخريطة محافظة الرس والمحافظات ا...

 

Military leader and Emperor of the French Republic (1769–1821) For other uses, see Napoleon (disambiguation) and Napoleon Bonaparte (disambiguation). NapoleonThe Emperor Napoleon in His Study at the Tuileries, 1812Emperor of the French1st reign18 May 1804 – 6 April 1814SuccessorLouis XVIII[a]2nd reign20 March 1815 – 22 June 1815SuccessorLouis XVIII[a] First Consul of the French RepublicIn office13 December 1799 – 18 May 1804 Born(1769-08-15)15 August 1769Ajacc...

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (يناير 2018) الدوري البحريني الممتاز 1988–89معلومات عامةالرياضة كرة القدم البطولة الدوري الب...

 

British diplomat and politician (1751–1814) This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (August 2019) (Learn how and when to remove this message) The Right HonourableThe Earl of MintoPC, FRSEby James AtkinsonGovernor-General of the Presidency of Fort WilliamIn office31 July 1807 – 4 October 1813MonarchGeorge IIIPreceded bySir George Ba...

 

Political party in Estonia Conservative People's Party of Estonia Eesti Konservatiivne RahvaerakondChairmanMartin HelmeDeputy chairmenMart HelmeFounded24 March 2012; 12 years ago (2012-03-24)Merger ofPeople's Union of EstoniaEstonian Patriotic MovementHeadquartersToompuiestee 27, TallinnNewspaperKonservatiivide Vaba SõnaYouth wingBlue AwakeningMembership (2021) 10,026[1]IdeologyUltranationalism[2]Estonian nationalism[3]National conservatism&...

For the Australian literary critic, see Peter Craven (literary critic). Peter CravenBorn(1934-06-21)21 June 1934Liverpool, EnglandDied24 September 1963(1963-09-24) (aged 29)Edinburgh, ScotlandNationalityBritish (English)Career history1951-1952Liverpool Chads1951Fleetwood Flyers1952–63Belle Vue Aces Individual honours1955, 1962World Champion1957, 1959Pride of the Midlands winner1958, 1959, 1961Pride of the East winner1959Tom Farndon Memorial winner1962, 1963British Champion Team honours...

 

Альберт Лиангл. Albert Lee Альберт Ли выступает в Германии, 2017 г. Основная информация Дата рождения 21 декабря 1943(1943-12-21) (80 лет) Место рождения Линген, Херефордшир, Великобритания Страна  Великобритания  США Профессии певец, гитарист Годы активности 1959— наст. вр�...

 

Para otros usos de este término, véase Tibidabo (desambiguación). Tibidabo Vista del Tibidabo al atardecer.Localización geográficaContinente EuropaRegión Sierra de CollserolaCordillera Cordillera LitoralSierra Sierra de CollserolaCoordenadas 41°25′21″N 2°07′07″E / 41.4225, 2.1186111111111Localización administrativaPaís España EspañaComunidad Cataluña CataluñaProvincia Barcelona BarcelonaMunicipio BarcelonaCaracterísticas generalesAltitud ...

This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: 2010 BSWW Mundialito – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2014) (Learn how and when to remove this message) 2010 BSWW MundialitoTournament detailsHost countryPortugalDatesAugust 6 – August 8Teams4 (from 3 confederations)Venue(s)1 (in 1 host city)Fina...

 

真弓 明信 阪神タイガース監督時代(2011年3月9日、阪神甲子園球場にて)基本情報国籍 日本出身地 福岡県大牟田市(出生地は熊本県玉名郡南関町)生年月日 (1953-07-12) 1953年7月12日(71歳)身長体重 174[1] cm75 kg選手情報投球・打席 右投右打ポジション 外野手、遊撃手、二塁手プロ入り 1972年 ドラフト3位初出場 1973年5月5日最終出場 1995年10月6日経歴(括弧内はプロチ...