Complex instruction set computing![]() En arquitectura computacional, CISC (do inglés, Complex Intruction Set Computer, en galego, Computador con Conxunto de Instrucións Complexas) é un modelo de arquitectura de computadores. Os microprocesadores CISC teñen un conxunto de instrucións que se caracteriza por ser moi amplo e permitir operacións complexas entre operandos situados na memoria ou nos rexistros internos, en contraposición á arquitectura RISC. Este tipo de arquitectura dificulta o paralelismo entre instrucións, polo que, na actualidade, a maioría dos sistemas CISC de alto rendemento implementan un sistema que converte ditas instrucións complexas en varias instrucións simples do tipo RISC, chamadas xeralmente microinstrucións. ![]() Os CISC pertencen á primeira corrente de construción de procesadores, antes do desenvolvemento dos RISC. Exemplos deles son: Motorola 68000, o Zilog Z80 e toda a familia Intel x86, AMD x86-64 usados na maioría dos ordenadores persoais actuais. Hai que facer notar con todo que a utilización do termo CISC comezou tras a aparición dos procesadores RISC como nomenclatura despectiva por parte dos defensores/creadores destes últimos.
|