Colombia magia salvaje
Colombia magia salvaje é un filme documental colombiano estreado no 2015, dirixido por Mike Slee e producido polo Grupo Éxito, a Fundación Ecoplanet a a produtora británica Off The Fence. O filme é unha mostra da biodiversidade de Colombia, foi gravado en 85 localizacións diferentes para lograr o retrato de 20 ecosistemas.[2] SinopseO documental percorre parte da biodiversidade de Colombia nunha narración que contrasta lugares como as profundidades do océano Pacífico na Illa de Malpelo, a chegada dos xibardos cada ano ó Parque Nacional Natural Enseada de Utría no Chocó, as pegadas da Ciudad Perdida na Serra Nevada de Santa Marta, o voo do cóndor dos Andes no Parque Nacional Natural El Cocuy, o sistema de páramos da cordilleira dos Andes, a Serra de Chiribiquete e as súas pinturas rupestres, os "Llanos orientales", o Amazonas ou as illas de Providencia, entre outros. Tamén amosa algunhas especies da fauna nacional como os cangrexos, o oso de anteollos, o Saguinus oedipus, o Crocodylus intermedius, o Osteoglossum bicirrhosum, o xaguar e o colibrí. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|