Ciudad Perdida foi construída arredor do ano 700 ou 800 por comunidades indíxenas tayronas.[1][3] Foi descuberta en 1976 por un equipo de arqueólogos do Instituto Colombiano de Antropoloxía dirixido por Alvaro Soto e encabezado por Gilberto Cadavid e Luisa Fernanda Herrera e restaurada case na súa totalidade.[3]
Os membros dos pobos locais, os arhuacos, os koguis e os wiwas, declararon que visitaron o sitio con regularidade antes de que fose amplamente descuberto,[2] pero gardaran silencio ó respecto. Chaman a Ciudad Perdida "Teyuna" e cren que foi o corazón dunha rede de aldeas habitadas polos seus devanceiros, os tayrona.
Ciudad Perdida foi probablemente o centro político e manufactureiro da rexión a beiras do río Buritaca e puido ter albergado entre 2.000 e 8.000 persoas. Aparentemente foi abandonada durante a conquista española.
Notas
↑ 1,01,1"Historia". laciudadperdida.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de setembro de 2014.