Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Codesedo.
Codesedo é un lugar da parroquia de Doade, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE, no 2011 tiña 25 habitantes (9 homes e 16 mulleres), o que supón un aumento de 5 habitantes con respecto ao ano 2000.
No lugar está aberto, desde 1996 o Museo Etnográfico Casa do Patrón, formado por tres edificios nos que se expón unha ampla colección de máis de 1.800 pezas, cos utensilios propios dunha casa tradicional galega (mobiliario diverso, a cociña, o tear e a roupa), os apeiros necesarios na agricultura e gandaría (carros, xugos e maquinaria) e as ferramentas características de máis de 85 oficios diferentes (canteiro, ferreiro, carpinteiro, zoqueiro, afiador etc).
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Doade
Parroquias de Lalín