Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cangas.
Santa Mariña de Cangas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 96 habitantes (51 homes e 45 mulleres), distribuídos en tres entidades de poboación: Cancelas, Montrigo e a mesma Cangas; o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.
Economía
Cangas vive da agricultura e do gando, cunha importante poboación nova que aínda vive na parroquia. A gran maioría traballa e estuda fora, o que traerá o avellentamento da poboación canguesa.
Patrimonio
Posúe unha igrexa do século XII de importante valor arquitectónico: arquivolta semicircular, columnas lisas e monolíticas, vestixios das dúas portas laterais e unha soa nave. Conta tamén con dúas capelas e varios cruceiros.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Cangas
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas