Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Maceira.
San Martiño de Maceira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2010 tiña 123 habitantes (63 mulleres e 60 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.
Nesta parroquia naceu o pintor Antón Lamazares.
Xeografía
Esta regada polos regatos Ribadeiro e Saldorio e destaca pola súa altura o monte O Penedo de 750 m.
Patrimonio
Hai mámoas en Rodelas, Costa das Seixas e Cota da Mamoela.
O castro de Maceira está recollido no inventario da Xunta de Galicia, e menciónase localización de restos materiais durante a explanación dos terreos para a construción dunha granxa. Dado que non se fixeron estudos específicos, tampouco se pode precisar o grao de destrución, pois poden existir elementos no subsolo.[2]
Lugares e parroquias
Lugares de Maceira
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas