Clara Isabel Grima Ruiz, nada en Sevilla o 26 de xaneiro de 1971, é unha matemática española e divulgadora científica. É doutora en matemática pola Universidade de Sevilla.
Biografía
É presidenta da Comisión de Divulgación da Real Sociedade Matemática Española.[1] Como divulgadora publicou ducias de artigos de divulgación científica en prensa, a través do eldiario.es[2] Jot Down[3] e tecnoxplora.com artigos en Xplora así como na plataforma de divulgación científica naukas.[4][5]
É autora xunto con Raquel Garcia i Ulldemolins, do blog de divulgación para nenos Mati y sus mateaventuras.[6] É coautora dun libro de divulgación científica para nenos titulado Hasta el infinito y más allá.[7] Tamén participa nun programa de radio/podcast de sevillawebradio chamado Los 3 chanchitos.[8][9] En Televisión colaborou na primeira e segunda tempada do late night de humor e ciencia Órbita Laika de La 2. En 2016 estrea a obra de teatro Científicas: pasado, presente y futuro, onde interpreta a Rosalind Franklin.[10]
En 2018, xunto cun equipo multidisciplinar, describe unha nova forma xeométrica denominada escutoide, publicada na revista Nature Communications.[11] O descubrimento foi o resultado dunha investigación do Departamento de Bioloxía Celular e o Instituto de Biomedicina de Sevilla da Universidade de Sevilla dirixida por Luis M. Escudero.[11] Segundo explica a mesma Clara Grima, o obxecto descubriuse «mirando non aos ollos senón ás glándulas salivares da mosca da froita», e tendo en conta os diagramas de Voronoi.
Premios
- Premio 20Blogs 2011[12]
- Premio Bitácoras ao Mellor Blog de Educación 2011[13]
- Premio Prismas 2013 de Traballos Multimedia por Mati y sus mateaventuras, presentado con Raquel García Ulldemolins.[14]
- Premio COSCE a la Difusión de la Ciencia 2017[15][16]
- Prisma Especial del Jurado 2018[17]
Algunhas publicacións
Libros de divulgación como coautora
Libros de divulgación
Libros científicos
- Computational Geometry on Surfaces (Springer-Science+Business Media, 2001)[18]
Notas
- ↑ "Composición da Comisión de Divulgación da RSM". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2019.
- ↑ artigos en eldiario.es
- ↑ artigos en jotdown.es
- ↑ "articulos en tecnoexplora". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2019.
- ↑ "artigos en naukas". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2019.
- ↑ Mati y sus mateaventuras
- ↑ Agencia sinc libro de mati y sus matiaventuras
- ↑ "sevillawebradio". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2019.
- ↑ 3chanchitos
- ↑ "Científicas: pasado, presente y futuro". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-07-06. Consultado o 2019-12-19.
- ↑ 11,0 11,1 Gómez-Gálvez, Pedro; Vicente-Munuera, Pablo; Tagua, Antonio; Forja, Cristina; Castro, Ana M.; Letrán, Marta; Valencia-Expósito, Andrea; Grima, Clara; Bermúdez-Gallardo, Marina (27 de xullo de 2018). "Scutoids are a geometrical solution to three-dimensional packing of epithelia". Nature Communications (en inglés) 9 (1). ISSN 2041-1723. doi:10.1038/s41467-018-05376-1.
- ↑ Premio 20blogs 2011
- ↑ "Premio Bitácoras Premio Mejor Blog de Educación". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2019.
- ↑ "Prismas Casa das Ciencias á Divulgación". Museos Científicos Coruñeses. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-02-10.
- ↑ "Clara Grima, premio COSCE 2017 a la Difusión de la Ciencia". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2019.
- ↑ Premio COSCE a la Difusión de la Ciencia 2017
- ↑ Nuño Domínguez, redactor de ‘Materia’, gana el premio de periodismo científico más prestigioso de España en www.elpais.com
- ↑ Tese de doutoramento sobre Xeometría computacional
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas