O ciclo combinado aplicado á obtención de enerxía baséase na utilización de dous termodinámicos no mesmo sistema. Un destes ciclos utiliza para o seu funcionamento vapor de auga e polo outro ciclo termodinámico flúe un gas que é produto da combustión de petróleo, carbón, gas natural, biomasa etc.
Funcionamento dunha central de ciclo combinado
O ciclo de gas xera enerxía eléctrica mediante unha turbina de gas e o ciclo de vapor consegue obter enerxía eléctrica mediante habitualmente varias turbinas de vapor. Estas centrais empregan os gases de escape a alta temperatura da turbina de gas para achegar calor á caldeira ou xerador de vapor de recuperación. Estas centrais eléctricas de última xeración son menos contaminantes e máis eficientes na obtención de enerxía, polo que son así mesmo máis rendíbeis. A diferenza de eficacia entre unha central térmica convencional e unha de ciclo combinado é moi significativa, xa que unha central térmica convencional ten un rendemento habitualmente inferior ao 33% entrementres que unha central térmica de ciclo combinado pode acadar o 55%. Os rendementos da turbina de gas con este sistema están próximo ao 60%.
Futuro desta enerxía
A meirande diferenza nos niveis de eficacia desta enerxía en comparanza cos da centrais de enerxía dun só ciclo está xerando que nos últimos anos se comezase a crear un elevado número destas centrais ou que se remodelasen as centrais xa existentes para transformalas en centrais con ciclo combinado.
Ademais, estas centrais permiten a utilización de gas para a combustión, que non contén xofre, xera menos dióxido de carbono e proporciona a mesma cantidade enerxética ca cos demais combustíbeis.