Manuel Ceferino Díaz Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 1 de abril de 1947 e finado o 23 de decembro de 2012[1], foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Licenciado en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor asociado de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas da USC (1973-2000).
En 1972 comezou a súa traxectoria política ao afiliarse ao PSG na clandestinidade, onde foi responsable das Mocidades e máis tarde do Frente do ensino. En 1977 foi candidato do PSG por Lugo ao Parlamento español nas primeiras eleccións democráticas, e non obtivo escano. En 1978 abandonou o PSG para ingresar no PSdeG-PSOE, onde formou parte do Colectivo Socialista Galego.
Cos socialistas foi membro do Comité Nacional do PSdeG, e foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas primeiras eleccións democráticas, en 1981, ao encabezar a lista pola provincia de Lugo. Renovou o seu escano nas eleccións de 1985 e en 1989 fíxoo, pero xa dentro da candidatura da provincia da Coruña, logo de establecerse en Santiago de Compostela. Nesas primeiras lexislaturas ocupou o posto de voceiro parlamentario da súa formación.
Na cidade compostelá foi precisamente secretario xeral da agrupación local do PSdeG. O escano coruñés renovouno tamén nas comicios de 1993. Estaba considerado entre o sector máis galeguista do PSdeG[2]. No ano 2000 figurou na candidatura do PSdeG ao Congreso dos Deputados, e foi elixido. Renovou o seu cargo nos comicios de 2004 e 2008. En 2011 xa non figurou na candidatura.
Datos persoais
A comezos da década de 2000 foille diagnosticado un cancro de medula, que finalmente lle causou o falecemento. Foi incinerado en Escairón.
Obra
Publicou traballos en revistas sobre economía agraria. Como monografías publicou en Editorial Galaxia as seguintes:
- A esforzada conquista da autonomía 1979-1981: unha ollada desde o socialismo galego (2008, libro de memorias).
- Autonomía e modernidade en Galicia. Unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009 (2010).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1984–1999 | |
---|
2000-2019 |
- Manuel Cordo Boullosa† (2000)
- Caixa Galicia, Gustavo Noboa, Francisco Fernández del Riego e Eugenio Granell (2001)
- Deportivo da Coruña (2002)
- Loyola de Palacio, Francisco Álvarez-Cascos e José Luis Meilán Gil (2003)
- Asociación de Víctimas del Terrorismo, Rodolfo Martín Villa, Alfonso Castro Beiras, Faro de Vigo e El Correo Gallego (2004)
- Real Coro Toxos e Froles, Santiago Rey Fernández-Latorre, Agustín Sixto Seco† (2005)
- Real Academia Galega (2006)
- Isaac Díaz Pardo (2007)
- Editorial Galaxia (2008)
- Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Manuel Fraga e Emilio Pérez Touriño (2009)
- Cabido da Catedral de Santiago de Compostela e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (2010)
- Instituto da Lingua Galega e Ángel Carracedo (2011)
- Javier López López, Rodrigo Maseda Lozano, José Antonio Villamor Vázquez, Milladoiro e Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2012)
- Ceferino Díaz†, Fundación Penzol e Organización Nacional de Ciegos Españoles (2013)†
- Vítimas, voluntarios e rescatadores de Angrois (2014)
- David Cal, Xosé Neira Vilas, Manuel Sánchez Salorio e Enrique Beotas† (2015)
- Los Suaves, Basilio Losada, Manuel Gallego Jorreto e Francisco Leiro (2016)
- Miguel Ángel Blanco†, José Manuel Romay Beccaría, Aníbal Cavaco Silva e Isabel Castelo (2017)
- María Emilia Casas, Juan José González Rivas e Álvaro Rodríguez Bereijo (2018)
- Javier Fernández Fernández e Juan Vicente Herrera (2019)
|
---|
2021- | |
---|
† Outorgada a título póstumo |