Casilda Hernáez

Modelo:BiografíaCasilda Hernáez

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(eu) Kasilda Hernáez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1914 Editar o valor en Wikidata
Zizurkil, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Saint-Jean-de-Luz, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBiarritz Editar o valor en Wikidata
Outros nomesKasi
La Miliciana Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMujeres Libres Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoAnarquismo, Anarcosindicalismo e anarquismo feminista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarTenente Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
segunda guerra mundial
Revolución social española de 1936 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaFélix Likiniano Editar o valor en Wikidata

BNE: XX881589

Soledad Casilda Hernáez Vargas, nada en Zizurkil (Guipúscoa) o 9 de abril de 1914 e finada en Saint-Jean-de-Luz (Francia) o 31 de agosto de 1992, ás veces citada como Casilda Méndez Hernáez e coñecida como Kasilda, Kaxilda, Kasi ou La Miliciana, foi unha militante anarquista española, compañeira de Félix Likiniano.

Traxectoria

Hernáez, filla de nai solteira e pai descoñecido, naceu na casa berce Fraisoro de Zizurkil. A súa avoa era de etnia xitana e os seus tíos anarquistas influíron na súa temperá iniciación libertaria.[1] Criouse no barrio donostiarra de Egia, onde aprendeu a ler e escribir na escola pública de Atotxa.[1]

A partir de 1931 militou en Mocidades Libertarias e asistiu aos ateneos libertarios, que foron para ela unha segunda escola.[1] Foi detida brevemente por facer un chamamento á folga nunha empresa cuxo persoal estaba composto por mulleres.[2][3] Tamén causou escándalo daquela a súa práctica do nudismo na praia de Zurriola.[3] A súa intensa participación na folga revolucionaria de outubro de 1934 provocou que fose detida e condenada por un tribunal de guerra a 9 anos de cárcere por repartir propaganda e 20 máis por posesión de explosivos.[2][3] Foi encarcerada no forte de Nuestra Señora de Guadalupe e posteriormente trasladada ao cárcere de mulleres de Ventas de Madrid. Tras dous anos de reclusión foi liberada grazas á amnistía xeral que concedeu a Fronte Popular a comezos de 1936.[1][2][3]

Ao pouco de saír de prisión coñeceu o militante anarquista Félix Likiniano, quen sería o seu compañeiro para sempre. Simpatizou coa agrupación Mujeres Libres, creada o mesmo ano, aínda que sen chegar a formar parte da mesma.[3]

Tras estalar a guerra civil en xullo de 1936, implicouse na milicia antifranquista. Participou na defensa de Donostia, a batalla de Irún, a columna Hilario-Zamora na fronte de Aragón e a fronte do Ebro.[1][3] Ante o triunfo do bando sublevado en Barcelona, exiliouse con Likiniano a Francia a través dos Pireneos e pasou polos campos de concentración de Argelès e Gurs até verán de 1940. Unha vez libres, trasladáronse a Bordeos. O seu domicilio serviu como centro da resistencia contra o franquismo e o nazismo e foi coñecido como o «Consulado Vasco».[1][3]

Anos despois, tras o enfraquecemento do movemento anarquista, a parella solidarizouse co independentismo vasco e coa organización armada Euskadi Ta Askatasuna (ETA). Con todo, a relación entre Casilda e Félix arrefriou e entrou nun estado depresivo do que se recuperaría máis adiante.[3]

Morreu de cancro en Saint-Jean-de-Luz (Francia) o 31 de agosto de 1992. Está enterrada xunto con Félix Likiniano no cemiterio de Biarritz.[1] Na súa lápida, por iniciativa da súa amiga Begoña Gorospe, inscribiuse a frase «Muller, ti es o lume que non se apaga» (éuscaro: Andra! Zu zera bukatzen ez den sua!).[2]

Recoñecementos

En 1985 Luis María Jiménez de Aberásturi publicou a biografía Casilda, miliciana: historia de un sentimiento.[3]

En 2021 o grupo de teatro Goitibera estreou Kasilda, bukatzen ez dean sua, obra realizada na súa honra.[4]

En 2022 estreouse o documental Casilda, el eco de otros pasos, do director Juan Felipe, sobre a figura de Hernáez.[5] Ese ano tamén se publicou a novela gráfica Casilda revolucionaria de Rubén Uceda Villanueva, que narra a vida da anarquista en primeira persoa.[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Díez de Ure Eraul, Ana; Roda Hernández, Paco (27 de agosto de 2014). "Centenario del nacimiento de Soledad Casilda Hernáez Vargas. Miliciana anarquista.". Real Academia de la Historia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Álvarez, Itsaso (8 de xullo de 2014). "Casilda, la miliciana". El Correo (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Casilda Hernáez Vargas - Miliciana en el Frente de Aragón". CNT de Puerto Real (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. 
  4. Pérez, Agus (23 de outubro de 2021). "Saskiaren neska". Berria (en éuscaro). Consultado o 15 de novembro de 2024. 
  5. "26 de noviembre. Presentacion del documental ‘Casilda, el eco de otros pasos // Beste pausuen oihartzuna’". CNT Iruña (en castelán). 20 de novembro de 2022. 
  6. Uceda Villanueva, Rubén (2022). Casilda revolucionaria (en castelán). CAMBIUM COMIC. ISBN 9788409462377. 

Véxase tamén

Ligazóns externas