A ceca, inaugurada en 1889, foi a primeira fábrica de moeda da China que utilizou técnicas modernas de cuñaxe e, no seu momento, a maior do mundo, cunha produción de 2,7 millóns de moedas ao día.[1][2]
Historia
En 1887, cando a China comezaba a modernizar os seus métodos de cuñaxe, a ceca británica Heaton and Sons —máis tarde coñecida como a Casa da Moeda de Birmingham— gañou un contrato para construír e equipar unha nova casa de moeda na provincia de Cantón.[1][3][4][5]
Deseñada en Inglaterra, a nova Casa da Moeda de Cantón, construída ao estilo chinés e cun custo dun millón de dólares, foi inaugurada polo vicerreiZhang Zhidong o 25 de maio de 1889. No verán de 1890 saíron das prensas da nova ceca as primeiras moedas, os modernos dólares de prata do dragón, seguidas por outras moedas divisionarias de prata. As primeiras cuñaxes en cobre non se produciron ata 1900.[6] Cunhas dimensións de 200 metros por 130 metros, a ceca cantonesa era a maior do mundo, con 90 prensas de cuñaxe á vez, fronte ás seis da Casa da Moeda de Filadelfia, nos Estados Unidos.[2]
No ano da súa apertura, a ceca produciu as primeiras moedas chinesas de prata co clásico deseño do dragón, baseadas noutras moedas similares xaponeses e coreanas.[2]
A Casa da Moeda de Cantón mantívose operativa ata o seu pechamento en 1931 e, posteriormente, o Kuomintang reabriuna brevemente en 1949 antes da súa retirada a Taiwán.Cuhaj.[7]