Caonabo (en iñeri: Kaonabo; que quere dicir "o que ten tesouros", Ka(k)ona, de valor; -(a)bo, pertencente a)[1] ou Kaonabo, finado en 1496, foi un caciquetaíno da Española no tempo da chegada de Cristovo Colón á illa. Foi coñecido polas súas habilidades para loitar e a súa ferocidade. Estaba casado con Anacaona, quen era a irmá doutro cacique chamado Bohechío.[2]
En represalia contra o maltrato do pobo taíno, Caonabo liderou ataques contra os invasores casteláns, incluíndo un asalto ao forte La Navidad que deixou 39 casteláns mortos. A súa captura en 1494 provocou o primeiro levantamento nativo americano contra o dominio español. Caonabo morreu en cativerio español.
...este foi un valoroso e esforzado señor, e de gran seriedade e autoridade, e como entendemos os que inicialmente chegamos a esta Illa, era un nacional lucaio, natural das illas Lucaias, que pasou por aquí, e por ser un home distinguido na guerra e na paz, fíxose rei daquela provincia e era moi estimado por todos.
En 1492, Colón intentou arribar na costa norte da illa, pero viuse obrigado a fuxir tras ser atacado con frechas. Finalmente desembarcou na costa sur, preto de onde máis tarde se fundou a cidade de Santo Domingo. A Santa María naufragou na costa norte, e baixo a dirección de Colón, o barco foi rescatado para construír un forte. Debido a que o naufraxio ocorreu o día de Nadal, o forte era coñecido como La Navidad.[6]
Colón deixou parte da súa tripulación en La Navidad e volveu a España, e erradamente pensou que os seus homes non ían ameazar os indíxenas, aos que consideraba amigables.[7] Caonabo dirixiu un ataque ao forte en 1493, derrotando a todos os españois que quedaban.[6] A súa muller Anacaona explicaría máis tarde que, indignada polo trato que facían os españois aos indíxenas, ela motivou a Caonabo a recuperar a aldea.[6]
Cando Colón volveu á Española e atopou La Navidad destruída, Caonabo axiña pasou a ser considerado un dos líderes máis fortes da illa. O cacique Guacanagarix de Marién informou aos españois de que Caonabo foi o responsable do ataque.[8] En 1494, Bartolomeu Colón recibiu a noticia de que Caonabo planeaba un ataque ao forte español de Santo Tomás.[9] En resposta, Colón enviou un grupo de catrocentos homes dirixidos por Alonso de Ojeda para marchar cara ao interior da illa co fin de infundir medo e someter os indíxenas.
Captura e morte
Caonabo foi capturado por Ojeda e feito prisioneiro pouco despois.[10][11] Hai diferentes relatos da súa captura. Segundo o historiador Samuel M. Wilson, a historia probablemente foi embelecida e romantizada polos españois.[12] Bartolomé de las Casas escribiu que Ojeda enganou a Caonabo cun truco preestablecido. Segundo de las Casas, Ojeda trouxo unhas esposas moi pulidas e unhas cadeas que agasallou a Caonabo. Ojeda supostamente convenceu a Caonabo de que os obxectos tiñan propiedades máxicas e de que os levaban os reis de España. Cando Caonabo probou as esposas, Ojeda pechounas e levouno preso.[13]
A captura de Caonabo provocou a ira dos taínos, e provocou o primeiro levantamento nativo americano contra os españois. O irmán de Caonabo, Manicatex, reuniu uns 7.000 nativos para atacar os españois e rescatar a Caonabo.[6][7] Porén, os taínos foron facilmente derrotados, en gran parte debido ao uso da cabalaría por parte dos españois. Manicatex e outros líderes nativos foron feitos prisioneiros. Os españois decidiron sacar a Caonabo da illa para evitar futuros levantamentos, polo que el e o seu irmán foron enviados a España.[7] Caonabo morreu durante a viaxe e o seu corpo foi guindado ao mar.[6][14]
↑ Traducido dende o orixinal en castelán: ...éste fue valerosísimo y esforzado señor, y de mucha gravedad y autoridad, y según entendimos los que á los principios á esta Isla vinimos, era de nacional Lacayo, natural de las islas de los Lucayos, que se pasó dellas acá, y por ser varón en las guerras y en la paz señalado, llegó á ser rey de aquella provincia, y por todos muy estimado.
Casas, Bartolomé de las (1876). Apologética historia summaria de las gentes destas Indias. Madrid. pp. 482–3 – vía Internet Archive.
Oliver, José R. (2009). Caciques and Cemí Idols: The Web Spun by Taíno Rulers between Hispaniola and Puerto Rico. University of Alabama Press. ISBN978-0-8173-1636-5.