Guacanagarix, Guacanacaric ou Guacanagarí (1494) foi un do cinco caciquestaínos da Española no momento da chegada dos casteláns en 1492. Guacanagarix foi o que recibiu a Cristovo Colón despois de que a Santa María encallase durante a súa primeira viaxe ao Novo Mundo.[1] Permitiu que Colón estabelecese a construción do forte La Navidad na súa cidade, preto da actual baía de Caracol. Os españois que permaneceron alí foron masacrados polas tribos rivais uns meses despois, xusto antes de que Colón volvese da súa segunda viaxe.
Traxectoria
Guacanagarix era xefe do cacicado de Marién, na parte noroeste da Española. O cacicado de Marién foi o primeiro en acoller a Cristovo Colón e en converterse ao cristianismo. Guacanagarix negouse a cooperar con outros caciques taínos, quen trataron de expulsar os españois.[2] Guacanagarix mesmo aceptou cooperar con Colón nas campañas para someter e pacificar as tribos rebeldes da illa Española; así foi como, segundo conta a historia de Bartolomé de las Casas, o cacique Guacanagarix, como aliado de Colón, chegou a participar cos seus guerreiros na batalla de la Vega Real o 24 de marzo de 1495 no que constitúe o primeiro enfrontamento bélico emprendido polos europeos no Novo Mundo contra os indíxenas. Esta actitude compracente do xefe Guacanagarix acabou por valerlle o rexeitamento total dos demais xefes tribais que se opoñen aos invasores. Viuse obrigado a fuxir ás montañas, onde máis tarde morreu.
Complexo de Guacanagarix
Na República Dominicana adóitase falar de maneira pexorativa complexo de Guacanagarix, para referirse a un dominicano que prefire o estranxeiro por enriba do nacional ou amosa preferencia no trato cara aos estranxeiros.[3]
Notas
↑Floyd, Troy (1973). The Columbus Dynasty in the Caribbean, 1492-1526. Albuquerque: University of New Mexico Press. pp. 13–15.
"El primer virreinato americano" por Roberto Cassá, Raimundo González de Peña, Genaro Rodríguez Morel. Anuario de Estudios Americanos, 63, 2, xullo-decembro, 13–26, Sevilla (España), 2006.
Vega i Pagán, Ernesto (1993). Presidencia de la República de Venezuela, ed. El Almirante: la extraordinaria saga de Cristóbal Colón(en castelán) (ilustrada ed.). p. 564. ISBN9789800107362.