O LXXXIII Campionato Mundial de Ciclismo en Ruta realizouse en Doha (Catar) entre o 9 e o 16 de outubro de 2016, baixo a organización da Unión Ciclista Internacional (UCI) e a Unión Ciclista de Catar.[1]
O campionato constou de carreiras nas especialidades de ruta e contra o reloxo, nas divisións elite masculino, elite feminino e masculino sub-23; as probas de contra o reloxo elite disputáronse individualmente e por equipos. En total outorgáronse oito títulos de campión mundial.
Percorrido
Anunciada en febreiro de 2015, a ruta dos homes elite estivo conformada por un circuíto plano de 151 km a través do deserto, onde a calor, o vento e os remuíños de po foron a maior dificultade para os ciclistas. Na parte final, os ciclistas deron sete voltas por un circuíto de 15,3 km polos arredores da cidade de Doha (incluíndo unha sección de 1,2 km de empedrado pola moderna zona da Perla de Qatar), para completar un percorrido de 257,5 km.
Programa
Todas as probas remataron no arquipélago artificial da Perla de Qatar da cidade de Doha.
Día
|
Evento
|
Traxecto
|
Distancia (km)
|
Gañador
|
Contra o reloxo por equipos
|
9
|
Contra o reloxo por equipos feminina
|
Circuíto urbano (Lusail Sports Area-A Perla de Qatar)
|
40
|
Boels Dolmans
( Países Baixos)
|
9
|
Contra o reloxo por equipos masculina
|
Circuíto urbano (Lusail Sports Area-A Perla de Qatar)
|
40
|
Etixx-Quick Step
( Bélxica)
|
Contra o reloxo individual
|
10
|
Contra o reloxo sub-23 masculina
|
Circuíto urbano (2 voltas) (A Perla de Qatar)
|
28,9
|
Marco Mathis
( Alemaña)
|
11
|
Contra o reloxo feminina
|
Circuíto urbano (2 voltas) (A Perla de Qatar)
|
28,9
|
Amber Neben
( Estados Unidos)
|
12
|
Contra o reloxo masculina
|
Circuíto urbano (Lusail Sports Area-A Perla de Qatar)
|
40
|
Tony Martin
( Alemaña)
|
Carreira en ruta
|
13
|
Ruta sub-23 masculina
|
Circuíto urbano (10 voltas) (A Perla de Qatar)
|
166
|
Kristoffer Halvorsen
( Noruega)
|
15
|
Ruta feminina
|
Circuíto urbano (7 voltas) (Qatar Foundation-A Perla de Qatar)
|
134,5
|
Amalie Dideriksen
( Dinamarca)
|
16
|
Ruta masculina
|
Circuíto urbano (7 voltas) (Doha–A Perla de Qatar)
|
257,5
|
Peter Sagan
( Eslovaquia)
|
Resultados
Masculino
- Contra o reloxo individual
- Contra o reloxo por equipos
Feminino
- Contra o reloxo individual
- Contra o reloxo por equipos
Sub-23
- Contra o reloxo individual
Notas