Camilo Barcia Trelles

Modelo:BiografíaCamilo Barcia Trelles

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1888 Editar o valor en Wikidata
A Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xurista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsAugusto Barcia Trelles Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX892301

Camilo Barcia Trelles, nado na Veiga o 15 de xullo de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1977,[1] foi un profesor e escritor asturiano. A familia estableceuse en Ribadeo. Foi irmán de Augusto Barcia Trelles.

Traxectoria

Fixo os estudos de bacharel no Instituto de Lugo onde se graduou en 1903.

Estudou Dereito na universidade de Oviedo (1909) e conseguiu o doutoramento na Universidade Central de Madrid (1915). Nesta gañou a cátedra de Dereito Internacional Público e Privado na Universidade de Murcia (1919). En 1920 pasou á Universidade de Valladolid.[2]

Foi candidato do PSOE por Alacant nas eleccións xerais de 1920. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de ser “masón e izquierdista” e apartado do cargo en abril de 1937. De 1937 a 1938 traballou «sen soldo» para o Servizo de prensa e propaganda de Falange sobre temas internacionais. Foi reposto como catedrático e trasladouse á Universidade de Santiago de Compostela en agosto de 1938, na que permaneceu ata a xubilación en 1958 como catedrático e decano da Facultade de Dereito.

Foi membro numerario do Instituto de Dereito Internacional, Profesor de L’Academie de Droit Internacional da Haia, membro de honra da Asociación Francisco de Vitoria, da que foi fundador.[1] Os seus estudos sobre problemas internacionais apareceron en varias publicacións de Madrid, como El Liberal.

Obras

  • El problema de las islas Malvinas, 1943.
  • La política exterior norteamericana de la posguerra, 1924.
  • La codificación progresiva del derecho internacional.
  • Vázquez de Menchaca (1512-69). Sus teorías internacionales.
  • Francisco de Victoria, fundador del Derecho internacional moderno, 1928.
  • La Constitución norteamericana y el pacto de la sociedad de naciones, 1931.
  • Interpretación del hecho americano por la España universitaria del siglo XVI.
  • El imperialismo del petróleo y la paz mundial, 1925.
  • La política internacional de España y el destino del Mediterráneo.
  • Francisco Suárez (1548-1617). Internacionalistas españoles del siglo XVI.
  • Derecho Internacional Privado.
  • Francisco de Victoria.
  • El problema de la unidad del mundo posbélico.
  • El pacto del Atlántico.
  • Puntos cardinales de la política internacional española.
  • Doctrina Monroe y cooperación internacional, 1931.
  • Ante un nuevo giro de la política internacional norteamericana.
  • Estudios de política internacional y derecho de gentes, 1948.

Recoñecementos

  • Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (1958).[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 Cebreiros Álvarez, Eduardo (10-02-2014). "Barcia Trelles, Camilo". Diccionario de catedráticos de derecho (1847-1943). Arquivado dende o orixinal o 18-10-2019. Consultado o 09-07-2018. 
  2. Pérez González, Manuel (15-07-1988). "El sentido de la perspectiva histórica". elpais.com. Consultado o 07-09-2018. 
  3. "Decretos de 18 de julio de 1958 por los que se concede la Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica" (PDF). boe.es. 25-07-1958. p. 6776. Consultado o 07-09-2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Colección de estudios en homenaje al profesor Camilo Barcia Trelles en sus bodas de plata como catedrático de Derecho Internacional, 1945.

Ligazóns externas