Calvin Klein
Richard Klein, máis coñecido no mundo da moda coma Calvin Klein, nado o 19 de novembro de 1942 no Bronx, Nova York, é un coñecido deseñador de moda. O seu nome tamén é unha marca de roupa, manexada pola súa compañía, fundada en 1968. Calvin Klein foi criado na comunidade inmigrante de xudeus do Bronx en Nova York. O seu primeiro éxito na industria da moda foi cando lanzou a súa primeira liña de pantalóns na década de 1970. A compañía Calvin Klein, coma moitas na industria da moda, é coñecida pola súa vistosa propaganda. Foi acusada por varias organizacións conservadoras por usar modelos aparentemente menores de idade en poses semiprovocativas. Ademais de roupa, Calvin Klein outorgou o seu nome a unha liña de perfumes, propiedade de Unilever, que dende maio do 2006 pasou a pertencer a Group Coty. |