Bowery Electric
Bowery Electric foi unha banda estadounidense de post-rock formada por Lawrence Chandler e Martha Schwendener no ano 1993. HistoriaFormada por Lawrence Chandler e Martha Schwendener a finais de 1993, Bowery Electric realizou o seu primeiro concerto en Nova York en xaneiro de 1994. O primeiro lanzamento da banda foi un dobre sinxelo de 7" gravado por Kramer e editado por Hi-Fidelity Recordings en 1994. Tras escoitalo o selo Kranky contactou co grupo. O seu álbum de estrea, Bowery Electric, foi gravado por Michael Deming no Studio .45 en Hartford, Connecticut, e editado por Kranky en 1995. Andrew Earle incluíu o disco no seu libro de 2014 Gimme Indie Rock: 500 Essential American Underground Rock Albums 1981-1996.[1] En 2016 Pitchfork nomeouno o 35º mellor álbum de shoegaze da historia.[2] En 1996 a banda publicou o álbum Beat que incluía o sinxelo "Fear of Flying".[3] En 2016 Beat foi reeditado por Kranky en vinilo polo seu 20 aniversario.[4] Vertigo, un álbum de remesturas de temas de Beat, foi editado en 1997. Vertigo contaba con distintos artistas como Third Eye Foundation, Robert Hampson, Witchman e outros.[5] No ano 2000 a banda lanzou o álbum Lushlife, que fora gravado en Electric Sound. O disco chegou ao número 14 da lista Top 200 [6] e ao 11 da lista Core Radio de CMJ.[7] Dende entón o grupo non volveu a editar máis música nin a actuar como Bowery Electric.[8] DiscografíaÁlbums
Notas
|