Bos presaxios[1] (en inglés: Good Omens) é unha serie de televisión británica creada por Neil Gaiman e baseada na novela de 1990 de Terry Pratchett Good Omens. É unha coprodución entre Amazon MGM Studios e BBC Studios, e dirixiuna Douglas Mackinnon, con Gaiman como produtor. Michael Sheen e David Tennant lideran un elenco composto por Jon Hamm, Miranda Richardson, Michael McKean, Derek Jacobi, Brian Cox, Benedict Cumberbatch e Frances McDormand como a voz de Deus, que narra a serie.
Do mesmo xeito que a novela, Bos presaxios presenta varios temas e figuras do cristianismo e segue a varios personaxes que intentan alentar ou evitar un Armagedón inminente, visto a través dos ollos do anxo Aziraphale e o demo Crowley.
Tódolos episodios da primeira tempada foron estreados en Amazon Prime Video o 31 de maio de 2019, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos