Billy Joel (2009) |
|
Nacemento | (en) William Martin Joel 9 de maio de 1949 (75 anos) Nova York (Estados Unidos de América)
|
---|
Relixión | Ateísmo |
---|
Educación | Universidade de Syracuse Hicksville High School (en) |
---|
Altura | 1,66 m |
---|
|
Ocupación | cantautor, compositor, pianista, cantante |
---|
Período de actividade | 1964 - |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Pop rock, rock and roll, Soft rock e Música clásica contemporánea |
---|
Influencias | |
---|
Tesitura | Tenor
|
---|
Instrumento | Acordeón, piano, guitarra, órgano, voz, sintetizador, piano accordion (en) e teclado |
---|
Selo discográfico | Columbia Records Sony Music Entertainment Philips Sony Classical |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Alexis Roderick (2015–) Katie Lee (2004–2010) Christie Brinkley (1985–1994) |
---|
Fillos | Alexa Ray Joel () Christie Brinkley Della Rose Joel () Alexis Roderick |
---|
Pai | Howard Joel |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | billyjoel.com |
---|
|
William Martin "Billy" Joel, nado o 9 de maio de 1949, é un pianista, cantautor e compositor estadounidense. Dende a edición da súa primeira canción exitosa, "Piano Man" en 1973, Joel converteuse no sexto artista con maior número de discos vendidos e o terceiro en solitario nos Estados Unidos, segundo a RIAA[1]. O seu álbum recompilatorio Greatest Hits Vol. 1 & 2 é o terceiro álbum máis vendido nos Estados Unidos.
Joel tivo éxitos top 40 nos 70, 80 e 90, conseguindo 33 deles nos Estados Unidos, todos compostos por el. Foi tamén gañador de 6 premios Grammy, e estivo nomeado en 23 ocasións a estes galardóns. Trátase dun dos artistas con máis vendas de todos os tempos, chegando a vender ao redor de 150 millóns de discos en todo o mundo[2]. Entrou no Songwriter's Hall of Fame (1992), o Rock and Roll Hall of Fame (1999), e o Long Island Music Hall of Fame (2006). No ano 2008 a revista Billboard publicou unha lista dos principais artistas que acadaron o Hot 100 ao longo da súa historia para celebrar o seu 50 aniversario, e Billy Joel foi situado no número 23. Coas excepcións das cancións de 2007 "All My Life" e "Christmas in Fallujah", Joel deixou de compoñer e gravar música popular tras o álbum River of Dreams de 1993, pero continuu xirando ata 2010.
Notas