Christie Brinkley, nada en Monroe (Míchigan) o 2 de marzo de 1954, é unha actriz estadounidense, ademais de modelo de fotografía, de pasarela, e de spots publicitarios[1].
Traxectoria
Fíxose famosa a raíz de aparecer na portada da revista Sports Illustrated Swimsuit Edition en 1979, 1980 e 1981, e do seu contrato a longo prazo con CoverGirl[1].
Casou catro veces, entre outros, co músico Billy Joel.
Coma modelo editorial, Brinkley apareceu en máis de 500 capas de revista, incluíndo Us Weekly, Vogue, Newsweek, Rolling Stone, Harper's Bazaar, Cosmopolitan, Glamour, Esquire ou Life. Tivo grandes contratos con Chanel No 19, Mastercard, Breck, Diet Coke, Anheuser-Busch, Got Milk?, Healthy choice, Max Factor, Nissan, Noxema, Revlon, Borghese Cosméticos, Clairol, Danskin, Nu Skin, Yardley of London, Halston, Vogue Patterns, Gottex, e Black Velvet, entre outros.[2][3]
Brinkley interpretou o seu primeiro papel como actriz en 1983 no éxito National Lampoon's Vacation como "Woman in the red Ferrari" con Chevy Chase; repetiron o mesmo papel en 1997 no episodio Las Vegas Vacation[2][3].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas