Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 4.805.000.000 billetes de 20 euros en circulación na Eurozona. É o segundo valor facial con máis presenza na circulación e representa o 16,3 do papel moeda en uso.[3]
É tamén o terceiro billete de menor tamaño, cunhas medidas de 133 × 72 mm, e a súa cor característica é azul.
O billete de 20 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 24 de febreiro de 2015, e entrou en circulación o 25 de novembro dese mesmo ano.[4]
O euro instituíuse o 1 de xaneiro de 1999, data en que se converteu na moeda de máis de 300 millóns de persoas en Europa. Durante os tres primeiros anos da súa existencia noi foi unha moeda física, xa que só se utilizaba en contabilidade. O efectivo en euros non se introduciu ata o 1 de xaneiro de 2002, cando substituíu os billetes e as moedas nacionais dos 12 países iniciais da Eurozona.[5]
O período de transición durante o cal os billetes e as moedas das antigas moedas se cambiaron polos do euro durou aproximadamente dous meses, desde o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2002. A data oficial en que as moedas nacionais deixaron de ter curso legal variou dun estado membro a outro. A máis temperá foi a de Alemaña, onde o marco deixou oficialmente de ter curso legal o 31 de decembro de 2001, aínda que o período de cambio durou dous meses máis. Mesmo despois de que as antigas moedas deixaran de ter curso legal, seguiron a ser aceptadas polos bancos centrais nacionais durante períodos que oscilaron entre os dez anos e sen límite.[5][15]
Cambios de deseño
Os billetes impresos antes de novembro de 2003 levan a sinatura do primeiro presidente do Banco Central Europeo, Wim Duisenberg, que foi substituído o 1 de novembro de 2003 por Jean-Claude Trichet, cuxa sinatura aparece nas emisións de novembro de 2003 a marzo de 2012. Os billetes emitidos entre marzo de 2012 e novembro de 2019 levan a sinatura do terceiro presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi.[1][16] Finalmente, a partir de 2019 é a de Christine Lagarde a sinatura que se amosa no anverso dos billetes de 20 euros.[2]
Desde xuño de 2012, as emisións deixaron de reflectir realidade xeográfica da Unión Europea, xa que non respondían á súa ampliación. Ademais, Chipre non aparece nos billetes, porque o mapa non se estende o suficiente cara ao leste, e Malta tampouco aparece porque non cumpre o tamaño mínimo da serie actual para a súa representación. En 2019, o Banco Central Europeo introduciu unha nova serie de billetes en euros que reflictan a ampliación dos seus membros,[17][18] coñecida como "serie Europa". O billete de 20 euros desta segunda serie amosa un reaxuste nos motivos arquitectónicos representados no seu anverso e no seu reverso, e mantén o seu tamaño e a súa cor predominante orixinal.[19]
Deseño
O billete de 20 euros caracterízase pola súa cor azul e, tanto o da primeira serie como o correspondente á serie Europa, ten unhas dimensións de 133 × 77 milímetros. Todos os billetes en euros representan pontes e arcos ou portas nun estilo arquitectónico diferente da historia europea, e ao de 20 euros correspondeulle a arquitectura gótica, dos séculos XIII e XIV.[16] Aínda que os deseños orixinais de Robert Kalina pretendían amosar monumentos reais, por razóns políticas as pontes non son máis que exemplos hipotéticos da época arquitectónica.[1][20][21] O mesmo sucede cos deseños de Reinhold Gerstetter para a segunda serie, a partir de 2015.[2]
Unha constelación EURion (tamén coñecida como os "aros Omron").[23][24] Trátase dun padrón de símbolos que aparece en varios deseños de billetes de todo o mundo desde 1996 aproximadamente. Engádese para favorecer que o software a detecte a presenza dun billete nunha imaxe dixital.
Tinta de cor variable, utilizada na cifra situada no reverso do billete, que parece cambiar de púrpura a marrón cando se inclina o billete.
Un número transparente impreso no recanto superior do billete, por ambas as faces, que parece combinarse perfectamente para formar o número do valor cando se olla contra a luz.
Unha banda brillante, situada no reverso do billete, que amosa o número do valor e o símbolo do euro.
Un holograma, cuxa imaxe parece cambiar entre o valor e unha ventá ou porta, e no fondo parecen círculos concéntricos de microletras coas cores do arco da vella que se desprazan desde o centro cara aos bordos da mancha.
Marcas de auga que aparecen ao ollar o billete contra a luz.
Impresión en relevo na imaxe principal; as letras e os números do valor do anverso do billete aparecen en relevo.
Tinta ultravioleta. Aplicando a luz ultravioleta, o papel en si non brilla, mais aparecen as fibras incrustadas no papel, que se colorean de vermello, azul e verde. A bandeira da UE é verde e ten estrelas laranxa; a sinatura do presidente do BCE vólvese verde; as estrelas grandes e os círculos pequenos do anverso brillan, e o mapa europeo, unha ponte e o número de valor do reverso aparecen en amarelo.
Microimpresión. En varias zonas do billete hai microimpresión: por exemplo, dentro do ΕΥΡΩ (EURO en caracteres gregos) no anverso. O microtexto é nítido, non borroso.
Un fío de seguridade, incrustado no papel do billete. Ollando contra a luz, o fío aparece como unha banda escura. A palabra EURO e o valor están incrustados en letras minúsculas no fío.
Perforacións no holograma, que forman o símbolo do euro. Tamén hai pequenos números que indican o valor.
Unha superficie mate. O papel do billete é de algodón puro, de tacto rechiante e firme, e non brando nin ceroso.
Legalmente, tanto o Banco Central Europeo como os bancos centrais dos países da zona do euro teñen dereito a emitir os sete valores faciais diferentes dos billetes en euros, mais na práctica, só os bancos centrais nacionais da zona emiten e retiran fisicamente billetes en euros. O Banco Central Europeo non ten oficina de caixa e non participa en ningunha operación de efectivo.[5][25]
Circulación
O Banco Central Europeo vixía estreitamente a circulación e as existencias dos billetes e das moedas do sistema do euro. É labor do Eurosistema garantir unha subministración eficiente e fluída de billetes en euros e manter a súa integridade en toda a Eurozona.[26]
En decembro de 2022, o número de billetes de 20 euros en circulación era de 4.805.243.241, por un valor de 96,104,864,820 euros.[26]
As cifras anuais relativas ao billete de 20 euros son as seguintes:[26]
Billetes de 20 euros en circulación
Data
Nº de billetes
Valor en euros
Xaneiro de 2002
1.961.761.089
39.235.221.780
Decembro de 2002
1.974.764.476
39.495.289.520
Decembro de 2003
2.053.751.069
41.075.021.380
Decembro de 2004
2.079.431.718
41.588.634.360
Decembro de 2005
2.159.677.359
43.193.547.180
Decembro de 2006
2.336.568.793
46.731.375.860
Decembro de 2007
2.467.676.850
49.353.537.000
Decembro de 2008
2.617.914.839
52.358.296.780
Decembro de 2009
2.690.208.898
53.804.177.960
Decembro de 2010
2.751.808.438
55.036.168.760
Decembro de 2011
2.853.452.345
57.069.046.900
Decembro de 2012
2.988.384.283
59.767.685.660
Decembro de 2013
3.088.833.405
61.776.668.100
Decembro de 2014
3.233.284.025
64.665.680.500
O 25 de novembro de 2015 comezou a produción da nova serie Europa.[4] Os billetes da primeira serie emitíronse conxuntamente cos da serie Europa durante algunhas semanas, ata esgotar as existencias, e logo fóronse retirando gradualmente da circulación. Ambas as series discorren, xa que logo, en paralelo, mais a proporción tende inevitablemente a unha forte diminución na primeira serie.
Data
Nº de billetes
Valor en euros
Resto da 1ª serie
Nº de billetes
Valor en euros
Proporción
Decembro de 2015
3.439.563.088
68.791.261.760
2.814.523.557
56.290.471.140
81, 8%
Decembro de 2016
3.590.492.061
71.809.841.220
1.336.184.040
26.723.680.800
37,2 %
Decembro de 2017
3.829.512.086
76.590.241.720
943.462.935
18.869.258.700
24,6 %
Decembro de 2018
4.020.474.877
80.409.497.540
744.039.941
14.880.798.820
18,5 %
Decembro de 2019
4.190.497.224
83.809.944.480
624.415.397
12.488.307.940
14,9 %
Decembro de 2020
4.498.520.808
89.970.416.160
560.639.492
11.212.789.840
12,5 %
Decembro de 2021
4.646.581.743
92.931.634.860
515.951.168
10.319.023.360
11,1 %
Decembro de 2022
4.805.243.241
96.104.864.820
464.955.889
9.299.117.780
9,7 %
Seguimento de billetes
Existen varios sitios web e comunidades que permiten seguir a pista da circulación dos billetes en euros, indagar por onde viaxan e en que países se utilizan. O sitio web máis coñecido é EuroBillTracker12. O seu obxectivo é rexistrar o maior número posible de billetes para coñecer os detalles da súa propagación, por exemplo, de onde viaxaron e a onde, ou onde se viu un billete, para xerar estatísticas e clasificacións.[27]EuroBillTracker rexistrou máis de 155 millóns de billetes en maio de 2016, por valor de máis de 2897 millóns de euros.[28]
Falsificación
Segundo o BCE, os billetes en euros son moi difíciles de falsificar por mor do gran número de elementos de seguridade. Así e todo, a calidade dos pregos que saen dos talleres clandestinos é cada vez maior e as novas tecnoloxías facilitan a fabricación de billetes falsos de boa calidade.[29][30]
O billete de 20 euros é o máis falsificado da serie do euro. No segundo semestre de 2011 representou case a metade (o 47,5 %) do papel moeda falso do euro; é dicir, 147.250 billetes falsos.[31]
Para combater a falsificación, o BCE utiliza técnicas de impresión de última xeración e unha serie de elementos de seguridade para disuadir os falsificadores.[22] Dispón, así mesmo, do Centro de Análise de Falsificacións, que coopera estreitamente con Europol. Este centro analiza os billetes falsos recuperados pola policía, co fin de previr con máis efectividade futuras falsificacións. O BCE conta tamén co Grupo de Bancos Centrais para a Disuasión das Falsificacións (CBCDG), que ten a misión de disuadir da falsificación dixital e, mediante a prevención da produción de billetes falsos, reducir o dano causado aos particulares e ás empresas que poidan recibir billetes falsos. O Grupo utiliza tecnoloxías de loita contra a falsificación que impiden a adquisición ou a reprodución, mediante computadores persoais ou ferramentas de imaxe dixital, da imaxe dun billete protexido. O CBDG tamén pretende impedir a reprodución non autorizada de billetes.[32]
Impacto ambiental
Dado que a Unión Europea aplica unha política ambiental moi estrita, considera importante minimizar o impacto ambiental derivado da produción de billetes en euros. O Banco Central Europeo declara que se compromete a facer un uso racional dos recursos naturais na subministración de billetes, preservando a calidade do ambiente e garantindo a saúde das persoas.[33]
Segundo os resultados de auditorías independentes, os billetes en euros considéranse equilibrados desde o punto de vista da saúde e están deseñados para cumpriren todos os criterios impostos pola Unión Europea, incluídos os relativos ás substancias químicas utilizadas. Todas as substancias reguladas utilizadas nos billetes se achan en concentracións inferiores ao límite regulamentario.[33]