María Isabel Martínez Martínez, coñecida como Beli Martínez, nada na Guarda en 1980, é unha produtora cinematográfica galega e figura esencial do Novo Cinema Galego.
Traxectoria
Beli Martínez é doutora en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo coa primeira tese sobre o Novo Cinema Galego, O cine de non ficción no Novo Cinema Galego (2006-2012): Conceptualización, contextos e singularidades,[1] defendida en 2015.
Licenciouse en Comunicación Audiovisual e en Publicidade e Relacións Públicas. En 2009 fundou a produtora Filmika Galaika, de clara vocación vangardista, baixo cuxo paraugas produciu obras chave do novo cinema galego como Vikingland (Xurxo Chirro, 2011), Longa noite (Eloy Enciso, 2019) ou Eles transportan a morte (Helena Girón e Samuel M. Delgado, 2021).[2]
Desde 2012 forma parte, a carón de Xurxo González, do Proxecto Socheo, arquivo audiovisual da Guarda.[3]
En 2015 creou, xunto con Álex Bragaña, Xurxo González, Alberte Pagán e Bárbara Primo, o portal dixital Novo Cinema Galego. O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza.
Premios e recoñecementos
En 2014 o Proxecto Socheo, do que forma parte, obtivo o premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación.[4]
En 2021 Beli Martínez recibiu o premio Chano Piñeiro en la XXVI edición do Ourense Film Festival (OUFF), un galardón instituído ese ano para “recoñecer as persoas emprendedoras do audiovisual galego, que sacan adiante os seus proxectos en ocasións á marxe da industria estandarizada”.[5]
En 2023 gañou na terceira edición dos premios Mulleres no Foco, que concede anualmente a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA).[6]
Publicacións
En 2017 foi coordinadora, xunto con Xurxo González, de Camiños da imaxe: Joaquín García Portela "Costiña", unha obra sobre o traballo do fotógrafo da Guarda "Costiña", publicada pola Deputación de Pontevedra.[7]
Filmografía como produtora
- Vinkingland (Xurxo Chirro, 2011)
- Arraianos (Eloy Enciso, 2012)
- Jet Lag (Eloy Domínguez Serén, 2014)
- Une histoire seule (Xurxo Chirro, 2015)
- Jeanette (Xurxo Chirro, 2016)
- Visións (varias autoras, 2016)
- Plus Ultra (Helena Girón e Samuel Delgado, 2017)
- De barrio (Xurxo Chirro, 2019)
- Those that, at a distance, resemble another (Jessica Sarah Rinland, 2019)
- Longa noite (Eloy Enciso, 2019)
- Os corpos (Eloy Domínguez Serén, 2020)
- Sycorax (Lois Patiño e Matías Piñeiro, 2021)
- Eles transportan a morte (Helena Girón e Samuel Delgado, 2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Comisión executiva | |
---|
Plenario | Presidencia | |
---|
Representativos/as | |
---|
Electivos/as | |
---|
|
---|
Seccións | Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais | |
---|
Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade | |
---|
Creación e Artes Visuais Contemporáneas | |
---|
Lingua, Literatura e Comunicación | |
---|
Patrimonio e Bens Culturais | |
---|
Pensamento | |
---|
|
---|
Arquivos | Arquivo da Emigración Galega | |
---|
Arquivo Sonoro de Galicia | |
---|
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos | |
---|
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia | |
---|
|
---|