Bandeira de Zimbabwe

Bandeira de Zimbabwe
Bandeira de Zimbabwe
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción18 de abril de 1980
Cores     Verde     Amarelo     Vermello     Negro     Branco

A bandeira de Zimbabwe foi adoptada o 18 de abril de 1980, no momento da independencia do novo estado. Antes de 1980 era unha colonia británica nomeada Rodesia (e antigamente Rodesia do Sur, para diferenciala de Rodesia do Norte, que máis tarde se convertería en Zambia) e durante un tempo nomeouse Zimbabwe-Rodesia.

Cores e significado

A bandeira ten as cores empregadas polo ZANU, o partido do presidente Robert Mugabe. Tamén ten o paxaro emblemático do monumento nacional do Gran Zimbabwe, nas ruínas da cidade de Zimbabwe (simbolizando a historia do país), a estrela vermella marxista (simbolizando a loita revolucionaria), o triángulo branco simbolizando a paz e as franxas de cores significan:

  • Verde: a agricultura e as áreas rurais do país.
  • Amarelo: a riqueza mineral de Zimbabwe
  • Vermello: o sangue derramado nas guerras pola liberación.
  • Negro: o patrimonio das etnias nativas africanas.[1]

Bandeiras históricas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas