A bandeira nacional de Uganda foi adoptada o 9 de outubro de 1962, data na que Uganda conseguiu a súa independencia do Reino Unido. A bandeira nacional consta de seis franxas horizontais alternadas de negro, amarelo e vermello, cun disco branco central no que se encontra un grou. O pavillón ten unha proporción entre anchura e lonxitude de 2 a 3.
Buganda, un dos reinos de Uganda, é un dos poucos estados africanos que ten unha bandeira nacional propia; porén, para evitar o emprego de calquera bandeira, símbolo ou tótem asociados a unha determinada zona, os británicos seleccionaron un grou de crista gris (ave nacional) como "tarxeta de identificación" para o seu uso polos británicos durante o seu dominio neste país e noutras bandeiras oficiais de Uganda.
A bandeira foi deseñada polo Ministro de Xustiza ugandés Grace Ibingira.
Significado das cores
As tres cores son representativas das xentes de África (negro), o sol africano (amarelo) e a irmandade africana (o vermello sendo a cor do sangue, que conecta aos africanos).[1]
Bandeiras históricas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
- Bandeiras de estados non recoñecidos ou con recoñecemento parcial
|
|