Vermello: polo sangue derramado na loita pola independencia.
Azul: o océano Índico, no medio do cal se encontra Mauricio.
Amarelo: a nova luz que brilla sobre a independencia da illa e o seu sol dourado.
Verde: a exuberante vexetación da illa.
Outras bandeiras
A bandeira civil (privativa para os buques) e o estandarte gobernamental (para os buques do Estado) son bandeiras de cor vermella e azul respectivamente, cada unha coa bandeira nacional no cantón e o escudo de armas de Mauricio na marcha.
O estandarte empregado polos buques de vixilancia costeira posúe un deseño infrecuente que consiste en franxas verticais vermellas, brancas e azuis de ancho desigual cun emblema en forma de áncora no centro.