A bandeira da República Centroafricana foi adoptada o 1 de decembro de 1958 e deseñada por Barthélemy Boganda, o primeiro presidente do territorio autónomo de Ubangui-Chari, que pensaba que "Francia e África deben andar xuntas". Así combinou as cores vermella, branca e azul da bandeira de Francia coas cores panafricanas: vermello, verde e amarelo.
A cor vermella simboliza o sangue do pobo centroafricano, que foi derramada para darlle a independencia e que verquiron para defender o seu país, a cor azul representa o ceo e a liberdade, a cor branca representa a paz e a dignidade, a cor verde representa a esperanza e a fe, a cor amarela representa a tolerancia e a estrela amarela da independencia simboliza un futuro brillante.
Outras bandeiras
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
- Bandeiras de estados non recoñecidos ou con recoñecemento parcial
|
|