Back to the Future é un filme estadounidense dirixido por Robert Zemeckis que se estreou en 1985. Escrito por Zemeckis e Bob Gale, producido por Steven Spielberg, e protagonizado por Michael J. Fox, Christopher Lloyd, Lea Thompson, Crispin Glover e Thomas F. Wilson.
Sinopse
O adolescente Marty McFly é amigo de Emmett "Doc" Brown, un científico ó que todos en Hill Valley toman por tolo. Cando Doc crea unha máquina para viaxar no tempo montándoa nun DeLorean, un erro fortuíto fai que Marty chegue ao 5 de novembro de 1955, data na que os seus futuros pais aínda non se coñeceron. Despois de impedir o seu primeiro encontro, deberá conseguir que se coñezan e que casen; do contrario, a súa existencia non sería posíbel.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1985: Oscar: Mellores efectos de son. 4 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas