Ba Jin

Modelo:BiografíaBa Jin

(1938) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-cn) 巴金 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Chengdu, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Morte17 de outubro de 2005 Editar o valor en Wikidata (100 anos)
Shanghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Membro da Asemblea Popular Nacional

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Sichuan
High School Affiliated to Nanjing Normal University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, autobiógrafo, escritor de literatura infantil, esperantista, tradutor, político Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioBa Jin Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeXiao Shan (1944–1972) Editar o valor en Wikidata
FillosLi Xiaotang Editar o valor en Wikidata
IrmánsLi Jisheng Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Nia diligenta kolegaro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1954311 BNE: XX901172 Editar o valor en Wikidata

Li Yaotang (chinés tradicional: 李堯棠; chinés simplificado: 李尧棠; pinyin: Lǐ Yáotáng; Wade-Giles: Li3 Yao2-t'ang2), máis coñecido como Ba Jin (chinés tradicional e simplificado: 巴金; pinyin: Bā Jīn; Wade-Giles: Pa1 Chin1), nado o 25 de novembro de 1904 e falecido o 17 de outubro de 2005, foi un dos escritores chineses máis lidos do século XX.[1] A súa obra máis coñecida é Jia (家, "Familia", 1933).[2] Tamén foi un destacado esperantista.[3] O seu relato "Noites de Marsella" foi publicado en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[4]

Traxectoria

Naceu en Chengdu, Sichuan no seo dunha familia de funcionarios que fixeran fortuna, o seu avó paterno gobernaba autocraticamente unha extense familia nunha mansión na cal vivían cinco xeracións e máis os criados, de pequeno ensinoulle a ler e escribier súa nai e logo profesores privados. Lector avido quedou impresionado polo pensamento de Kropotkin e Emma Goldman. En 1920 entrou na Escola de Idiomas local para estudar inglés, participou activamente no movemento estudantil e entrou nun grupo anarquista, en 1923 marchou a Sanghai para continuar os seus estudos pero acabou matriculándose en Nanjing onde se especializa en esperanto, en 1927 viaxa a París para estudar francés, participou na campaña internacional para salvar aos anarquistas Sacco e Vanzetti da pena de morte nos Estados Unidos, chegando a manter unha breve relación epistolar con Vanzetti, traduciu ensaios de pensadores anarquistas ao chinés e escribiu a súa primeira novela, Mièwáng (灭亡, "Destrución") que publicou por entregas nunha revista literaria, xa de volta na China, en 1929. En 1931 publicou Jia (家, "Familia") onde retrata a opresión a que se ven sometidos os membros dunha familia autocrática, baseándose na súa propia familia, a novela marcou a toda unha xeración que se viu retratada nela e xunto con Chūn (春, "Primavera", 1938) e Qiū (秋, "Outono", 1940) forma unha triloxía. Durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa Ba Jin participou en labores de propaganda contra os xaponeses e escribiu a triloxía Huǒ (火, "Lume") descrición da China resistente. Despois da derrota do Xapón e na guerra civil Ba Jin mantivo o seu pensamento anarquista polo que foi duramente criticado polo Partido Comunista pero tras o triunfo deste en 1949 decidiu permanecer no país e ingresar no Partido Comunista da China, foi deputado por Sichuan. Durante a Revolución Cultural foi perseguido e humillado, rehabilitado en 1977, foi presidente da Asociación de Escritores desde 1983. Esperantista convencido foi vicepresidente da Liga Chinesa de Esperanto.

Traducións

Notas

  1. "Ba Jin, el más célebre de los escritores chinos contemporáneos". El País (en castelán). 2005-10-20. ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-04. 
  2. China-Underground (2016-09-14). "Family by Ba Jin". China Underground (en inglés). Consultado o 2023-12-04. 
  3. "Esperanto, China’s Surprisingly Prominent Linguistic Subculture is Slowly". SOAS GLOCAL (en inglés). 2021-11-09. Consultado o 2023-12-04. 
  4. "Fernando Pérez-Barreiro Nolla - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-04. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • 巴金 (La literatura china traducida en España)