Eladio Rodríguez recolle para esta ave o nome de galo monteiro, polo moño de plumas que ten sobra a cabeza [13]. Outro nome baseado na mesma morfoloxía é o de galo da braña.
Esta especie sufriu descensos na súa poboación nos anos pasados como resultado da intensificación do uso da terra, a drenaxe das zonas húmidas e a recollida de ovos. A intensificación do uso da terra segue sendo un problema: hoxe en día está ameazada pola redución da produtividade reprodutora como resultado da intensificación e modificación das prácticas agrícolas.[15], especialmente a mellora dos pastos (por exemplo, mediante drenaxe e a aplicación de fertilizantesinorgánicos),[16] o aumento do crecemento dos cultivos de cereais de inverno".[17] Importantes hábitats na área migratoria na costa do mar Báltico están ameazados pola contaminación por petróleo, a drenaxe das zonas húmidas para a rega, o abandono da terra e as prácticas cambiantes de xestión da terra, que provocan o crecemento excesivo de matogueiras.[18] A destrución do seu hábitat tamén pode ocorrer polos cultivos de primavera (utilizando maquinaria) nos campos de cultivo.[15] A especie é susceptible de botulismo aviar, polo que pode verse ameazada por brotes futuros da enfermidade,[19] e pode sufrir a depredación dos niños por parte de depredadores nativos e introducidos (por exemplo, o ourizo europeo, Erinaceus europaeus), nalgunhas illas,[20]córvidos, garzas, gaivotas e raposos. A especie cázase para uso comercial (para venderse como alimento) e con fins recreativos en Irán,[21] e tamén se caza en Francia, Grecia, Italia e España.[22]
Estado de conservación
Sospéitase que esta especie está a diminuír a súa poboación a un ritmo moderadamente rápido. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o seu status como NT (case ameazada). Se novas informacións suxiren que estes descensos están a producirse máis rápido, merecería unha revalorización; case cumpre os requisitos para cualificarse como VU (vulnerábel).[1]
↑Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN84-453-3316-X.
↑Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN978-84-96128-69-9.
↑Baldi, A., Batary, B. & Erdos, S. (2005): "Effects of grazing intensity on bird assemblages and populations of Hungarian grasslands". Agriculture Ecosystems & Environment108: 251-263.
↑Eggers, S.; Unell, M. & Pärt, T. (2011): "Autumn-sowing of cereals reduces breeding bird numbers in a heterogeneous agricultural landscape". Biol. Conserv. 144: 1137-1144.
↑Grishanov, D. (2006): "Conservation problems of migratory waterfowl and shorebirds and their habitats in the Kaliningrad region of Russia". En: G. Boere, C. Galbraith & D. Stroud, eds. Waterbirds around the world, p. 356. Edinburgh, U.K.: The Stationary Office.
↑Hubalek, Z., Skorpikova, V. & Horal, D. (2005): "Avian botulism at a sugar beet processing plant in South Moravia (Czech Republic)". Vetinarni Medicina50 (10): 443-445.
↑Jackson, D. B. (2001): "Experimental Removal of Introduced Hedgehogs Improves Wader Nest Success in the Western Isles, Scotland". Journal of Applied Ecology'38 (4): 802-812.
↑Balmaki, B. & Barati, A. (2006): "Harvesting status of migratory waterfowl in northern Iran: a case study from Gilan Province". En: Boere, G., Galbraith, C. & Stroud, D., eds. Waterbirds around the world, pp. 868-869. Edinburgh, UK: The Stationary Office.
↑Trolliet, B. (2003): "Elements for a lapwing (Vanellus vanellus) management plan". Game and Wildlife Science20 (1-2)): 93-144.