Aurora Picornell

Modelo:BiografíaAurora Picornell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Aurora Picornell Femenies Editar o valor en Wikidata
1 de outubro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Palma, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
cemiterio de Son Coletes, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteasasinato, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaComunismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastra Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoComunismo e Antifascismo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHeriberto Quiñones Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) Traducir, (sec:Picornell Femenias, Aurora, p.1069-1070) Editar o valor en Wikidata

Aurora Picornell Femenías, nada en Palma o 1 de outubro de 1912, e finada en Manacor o 5 de xaneiro de 1937, foi unha líder sindicalista e comunista española, costureira de profesión.[1] Alcumada A Pasionaria mallorquina, foi, durante a Segunda República, unha das dirixentes do Partido Comunista (PCE) en Mallorca máis salientables,[2] traballadora en labores de apoio social e humanitario, así como escritora de múltiples publicacións antifascistas. Tras o golpe de estado de 1936, membros do bando sublevado en Mallorca apresárona e torturárona.[3][4] Picornell foi fusilada aos 24 anos xunto a outras mulleres, coñecidas como as Roges des Molinar, a véspera do día de reis de 1937.

Traxectoria

No verán de 1931 participou na creación do «Sindicato de Sastrería y similares» en Baleares, do que foi a súa vicepresidenta nun comité de dirección paritario.[5] A finais dese verán empezou a militar en Mocidades Comunistas e máis tarde ingresou no Partido Comunista de España (PCE), onde foi unha das principais dirixentes da Federación Balear. Percorría as localidades denunciando, con nomes e apelidos, a quen abusaban dos traballadores. Aos 16 anos publicou o seu primeiro artigo no diario comunista, Nuestra palabra, e a partir dese momento foron frecuentes os seus artigos dentro da prensa política e sindical da época. Pasou un tempo vivindo en Valencia, dende onde seguiu escribindo e mandando os seus artigos co pseudónimo de Amparo Pinós.[3] Durante a súa estadía en Valencia casou con Heriberto Quiñones, membro da Internacional Comunista.[6] En 1934 participou na implantación do Partido Comunista na illa de Menorca e cooperou na extensión de Socorro Vermello Internacional.

En outubro de 1935 foi encarcerada por distribuír a revista Nuestra Palabra (subtitulada Órgano da Federación Balear do Partido Comunista de España (SE da IC)) cun manifesto subversivo;[2] esta mesma publicación recolleu, o 31 dese mesmo mes, un artigo seu titulado Desde la cárcel de Palma denunciando a situación das mulleres encarceradas e as súas condicións de vida na prisión de mulleres de Palma.[7]

Aurora Picornell, a terceira pola dereita.

Ao estalar a guerra civil española, Mallorca caeu en mans dos sublevados contra o réxime republicano. Aurora foi detida na Casa do Pobo e encarcerada na prisión de Can Sales.[8][9] Tentouse negociar un troco de presos, pero foi sacada da prisión a noite de Reis por falanxistas que a levaron ao convento de Montuiri, onde foi torturada.[3] Foi asasinada esa mesma noite xunto a outras catro costureiras: Catalina Flaquer Pascua, as fillas desta, Antònia Pascual Flaquer e Maria Pascual Flaquer, así como Belarmina González Rodríguez. Todas elas son coñecidas en Mallorca como as Roges des Molinar. Tamén foron asasinados, vítimas da represión, o seu pai e os seus dous irmáns; o seu marido, Heriberto Quiñones, foi fusilado durante a ditadura franquista.[6][3] O conxunto de boa parte dos seus artigos recolleunos Josep Quetglas nun libro titulado Aurora Picornell. Escrits 1930-1936.[3]

Pensouse durante décadas que foi asasinada e enterrada fronte ao cemiterio de Porreres. Porén, en outubro de 2022 confirmouse que un dos restos atopados en novembro de 2021 durante uns traballos de exhumación de fosas comúns na fosa 3 do cemiterio Son Coletes de Manacor pertencen a Picornell. Foi atopada con cinco indicios de disparos, tres na cabeza. Ademais, crese que foi violada e maltratada antes da súa execución. Non se descarta que os retos das outras catro mulleres que estaban xuntas pertenzan ás das Roges des Molinar.[10][11]

Recoñecementos

Pedra da Lembranza adicada a Picornell.
  • O ano 2017, cumpríndose 80 anos do seu asasinato polos falanxistas, foi nomeada por unanimidade Filla Predilecta de Mallorca.
  • O 6 de marzo de 2018, realizouse no edificio do Consello Insular de Mallorca un acto de presentación do retrato ao óleo de Aurora Picornell realizado pola artista Sandra de Jaume que estará situado na sala de plenos do edificio.[12][13]
  • En 2019 inaugurouse a instalación dun busto de Aurora Picornell, no Barrio do que era veciña, El Molinar, en Palma. O acto enmarcouse dentro da iniciativa "Mallorca ten nome de muller", impulsado polo Concello de Palma de Mallorca e o Consello Insular de Mallorca.[14][15]
  • O 21 de outubro de 2022, o alcalde do concello de Palma de Mallorca anunciou a declaración de Aurora Picornell, Filla Predilecta da cidade. Unha semana despois a representante do Partido Popular, Mercedes Celeste, comunicou que votarían en contra desa proposta.[16][17]
  • O 25 de outubro de 2022, aprobouse no pleno do concello de Palma de Mallorca (co 70% dos votos), que a Biblioteca Municipal de El Molinar pasou a chamarse Biblioteca Municipal Aurora Picornell.[18]

Notas

  1. Galvín, Angy (2019-03-23). "Aurora Picornell, la Pasionaria de Mallorca que el franquismo asesinó por comunista, feminista y republicana". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-02-17. 
  2. 2,0 2,1 "Aurora Picornell Femenías | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2021-02-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Alejandro Torrús (7 de xullo de 2013). "El cruel asesinato de Aurora Picornell, la pasionaria de Mallorca". Diario Público. Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  4. "Aurora Picornell". marxist.org (en catalán).  [con licenza GFDL]
  5. Ginard Ferón, David (2018). "Mujeres, represión y antifranquismo en las islas Baleares (1936-1975)". Mujer, franquismo y represión: Una deuda histórica. p. 218. ISBN 9788416466634. 
  6. 6,0 6,1 "Aurora Picornell Femenias". fideus.com. Consultado o 16 de agosto de 2013. 
  7. Ginard Ferón, David (2018). "Mujeres encarceladas en Baleares durante la guerra y el primer franquismo". Cárceles de mujeres: La prisión femenina en la posguerra. p. 218. ISBN 9788416466443. 
  8. Na súa detención participaron un grupo de falanxistas, ao mando de Alfonso de Zayas y de Bobadilla.
  9. Ángeles Egido León [ed.] (2017). Cárceles de mujeres. La prisión femenina en la posguerra, Madrid: Editorial Sanz y Torres, páx. 278
  10. "Aurora Picornell, 'la pasionaria de Mallorca', identificada junto a su pluma 85 años después de su fusilamiento". www.publico.es. Consultado o 2022-10-20. 
  11. Ballesteros, Esther (2022-10-20). "Identifican los restos de Aurora Picornell, la Pasionaria de Mallorca". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-10-20. 
  12. "Aurora Picornell protagoniza el primer retrato de una mujer en el Consell". Ultimahora.es (en castelán). Consultado o 09 de decembro de 2022. 
  13. "AURORA PICORNELL by Sandra De Jaume". sandradejaume.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2022. Consultado o 9 de decembro de 2022. 
  14. "Se inaugura el busto de Aurora Picornell". www.noticiasmallorca.es. Consultado o 24 de marzo de 2019. 
  15. histórica, Memoria. "Aurora Picornell, la Pasionaria de Mallorca que el franquismo asesinó por comunista, feminista y republicana". eldiario.es (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2019. 
  16. "El Ajuntament de Palma declarará Hija Ilustre a Aurora Picornell". Ultimahora.es (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2022. 
  17. "El desmarque del PP impedirá que Aurora Picornell sea Hija Ilustre de Palma". diariodemallorca.es (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2022. 
  18. "La biblioteca del Molinar llevará el nombre de Aurora Picornell". diariodemallorca (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2022.