Aurora Picornell, a máis coñecida delas, foi chamada a Pasionaria de Mallorca. Foi unha das principais dirixentes do Partido Comunista de España. Tamén formou parte da liga Laica de Mallorca e do Socorro Vermello. Estaba casada co dirixente comunista Heriberto Quiñones, que foi fusilado na posguerra en Madrid. Os pais e os irmáns de Aurora Picornell tamén foron represaliados.[3]
A véspera do 6 de xaneiro de 1937 fusilouse a Aurora Picornell, Catalina Flaquer, Antonia e Maria Pasqual no cemiterio de Porreres. Picornell foi asasinada por liderar ás presas novas dentro da prisión de Can Sales.[2]
Recoñecementos
Dende o ano 2010 réndeselles unha homenaxe popular no barrio. Dende 2016 lévase a cabo no Teatro do Mar.[4]
En febreiro de 2021 unha pedra da lembranza foi colocada no paseo do barrio de El Molinar co seu nome.[5]