A vila conserva un castelo, orixinario da súa época de esplendor na Idade Media e 12 igrexas. A xente do lugar vive, principalmente, do turismo e do campo.
Atopáronse restos celtiberos nos arredores; e o nome da antiga cidade era "Tithya".
Na baixa Idade Media, Atienza localizábase nun reino musulmán, cerca da fronteira co reino de Castela, así mesmo como tamén de Aragón. Segundo a versión do Cantar de Mío Cid, Rodrigo Díaz de Vivar, pasou por estas terres no seu ostracismo. No século XII o lugar pasaría a mans castelás por primeira vez na súa historia.
Foi unha cidade importante para reis de Castela, o propio pobo salvoulle a vida ao rei Afonso VIII, a mediados do século XII, cando este tiña catro anos e fuxía dos infantes de Castro e de Lara. Afonso VII concedéralle un Foro, estabelecendo a denominada Comunidade de Vila e Terra de Atienza, converténdose Atienza na capital da zona, cunha ampla xurisdición.
Posuíu unha actividade gremial de numerosos arrieiros, de importancia mercantil relevante.
Dende 1833 forma parte da provincia de Guadalaxara, pertencente antes á provincia de Soria.
Turismo
Atienza forma parte esencial do célebre Camiño do Cid que une os puntos do percorrido do lendario heroe castelán no seu desterro, existindo nas súas inmediacións un Hito Cidiano.
Atienza é o inicio polo norte do Tramo 10 da Ruta de Don Quixote. Con tal motivo existe na faldra do monte do castelo unha área recreativa propia desta Ruta ecoturística estando o camiño en dirección a Valdelcubo e Sigüenza, perfectamente señalizado mediante balizas e paneis informativos.
Forma así mesmo parte dunha das rutas do camiño de Santiago, concretamente a que vén do levante español.