Situada a uns 1.072 m de altitude sobre o nivel do mar, ten unha poboación de 94 habitantes conforme o censo de 2007. Atópase a uns poucos quilómetros ao sur da estrada A2, que une Madrid con Barcelona, sobre o leito do río Tajuña.
Asimilada coa Lutia na época celtibera, en Luzaga descubriuse unha necrópole celtibera e mais o chamado bronce de Luzaga, un pacto de hospitalidade na actualidade perdido e do que só se gardan imaxes.