Astérix nos Xogos Olímpicos[1] (en francés: Astérix aux Jeux olympiques) é o décimo segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi lanzada en versión serializada pola revista Pilote nos números 434–455 en 1968 (para cadrar cos Xogos Olímpicos de 1968). A historia satiriza a dopaxe no deporte.[2]
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1][3] En maio de 2021, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar para Edicións Xerais co mesmo título.[4]
Notas
|
---|
Álbums | |
---|
Outros libros | |
---|
Filmes | |
---|
Series de televisión | |
---|
Videoxogos | |
---|
Personaxes | |
---|