Astérix gladiador[1] (en francés: Astérix gladiateur) é o cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix publicado en 1964, e creado por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi serializado por vez primeira na revista Pilote, nos números 126–168, en 1962.[2]
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1] En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais.[3]
Sinopse
O prefecto da Galia, Calígula Vaisencascus vai de permiso a Roma, como é costume levarlle un regalo ó César decide entregarlle un dos invencibles galos da rexión. O galo elixido é o bardo Asurancéturix. Cando Astérix e Obélix se decatan, deciden ir a Roma para salvar o seu amigo. Ó chegaren a Roma, infórmanse grazas á axuda do seu paisano Moitoxamónix, que o bardo está preso no circo e que será votado ós leóns nos próximos xogos. Ante a imposibilidade de atopar a Asurancéturix deciden facerse gladiadores para así poder entrar libremente no circo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Álbums | |
---|
Outros libros | |
---|
Filmes | |
---|
Series de televisión | |
---|
Videoxogos | |
---|
Personaxes | |
---|