A Associación Oriental (coñecida pola sigla e inglésEaP, Eastern Partnership) é un proxecto iniciado pola Unión Europea (UE).[1] e presentado polo ministro de Asuntos Exteriores de Polonia co apoio de Suecia no Consello de Relacións Exteriores da UE en Bruxelas o 26 de maio de 2008 .[2] A Asociación Oriental inaugurouse en Praga, o 7 de maio de 2009 .[3]
A primeira reunión de ministros de Exteriores no ámbito da Asociación Oriental realizouse o 8 de decembro de 2009 , en Bruxelas.[4]
Membros
A Asociación Oriental está composta por Estados postsoviéticos: Belarús, Ucraína, Moldova, Azerbaidján, Armenia e Xeorxia, ademais da Unión Europea. Houbo moito debate sobre a inclusión de Belarús, xa que a UE a considera unha ditadura autoritaria. O país acabou sendo convidado a participar debido á preocupación da UE sobre un exceso de influencia rusa na rexión.
O 30 de setembro de 2011 Belarús, aparentemente, retirouse da iniciativa a causa dunha "discriminación sen precedentes" e un "cambio" dos principios polos que fora construída dous anos antes.[5] Pero tres días despois o ministro de Asuntos Exteriores do país, Sergei Martynov, refutou iso.[6]
Korosteleva, E. A. (2011): The European Union and its Eastern Neighbours: Towards a more ambitious partnership?. Londres: BASEES/Routledge Series on Russian and East European Studies. ISBN 0415612616
Korosteleva, E.A. (Ed.) (2011): Eastern Partnership: A New Opportunity for the Neighbours? Londres: Routledge. ISBN 041567607X