A Assembleia da República é o órgano lexislativo da República Portuguesa. É unicameral e posúe ata 230 diputados. A asemblea ten a súa sede no Palácio de São Bento en Lisboa.
A lexislatura ten unha duración de catro anos, convocándose eleccións unha vez rematado o prazo, agás que o Presidente da República disolva a cámara e convoque eleccións anticipadas.